INFORMACIÓN XERAL

As nosas accións formativas están dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas e xestionadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través das súas xefaturas territoriais e da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.

CONVOCATORIAS

  • Lembra que a convocatoria realízase por SMS (medio válido para todos os efectos). Anótate en aqueles cursos que realmente queres realizar.

 

  • Contesta a todas as convocatorias que recibas, tanto se vas a realizar o curso coma se non.

 

  • Xustifica documentalmente as ausencias ou rexeitamentos.

Os cursos que se realizan nesta escola teñen dereito a percibir axudas.

-Os/as candidatos/as convocados/as que non contestaran ou rexeitaran sen xustificación máis de tres veces nun ano, deixarán de ser convocados nese mesmo ano.

QUEN PODE ACCEDER AOS CURSOS

Maiores de 16 ou 18 anos dependendo do curso.

- Prioritariamente persoas desempregadas inscritas nas Oficinas do Servizo Público de Emprego cun grao de autonomía persoal que lles permita participar nas tarefas e/ou actividades (módulos teóricos e prácticos) propios da Escola. 

CONDICIÓNS DE ADMISIÓN

  • Cumprir os requisitos de prioridade establecidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para admisión nos centros de formación ocupacional de Galicia.
  • Cumprir os requisitos de acceso ao curso específico que vai realizar.
  • Cumprir os requisitos de asistencia presencial requiridos.