FORMACIÓN BÁSICA EN PROTECCIÓN MARÍTIMA

 

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2115

DURACIÓN 15 Horas.
REQUISITOS DNI, NIE ou pasaporte.
DESCRICIÓN

Proporciona a formación, instrucción e normas de competencia para a toma de conciencia dos aspectos relacionados coa protección marítima.

- Certificado de especialidade en FORMACIÓN BÁSICA EN PROTECCIÓN MARÍTIMA da Mariña Mercante é requirido a todo tripulante de buques mercantes que deban disponer do certificado Protección de los Buques e das Instalacións Portuarias, e que non dispoñan do Certificado de Oficial de Protección do Buque.

- Neste certificado inclúense a formación, a instrucción e as normas de competencia para tomar conciencia dos aspectos relacionados coa protección marítima, segundo o estipulado nos parágrafos 1 a 4 da Sección A-VI/6 do Código de Formación, emendado.

TEMARIO

1º-Incrementar a protección marítima.

2º-Recoñecemento dos riscos e as ameazas para a protección.

3º-Realización de inspeccións periódicas e recoñecemento das ameazas por protección.

4º-Comprensión da necesidade de manter a toma de conciencia e a vixiancia a bordo.

5º-Utilización do equipo e sistemas de protección.

ATRIBUCIÓNS

Párrafos 1 a 4 e 6 a 8 da Sección A-VI/6 do código de formación STCW, corrixido pola Conferencia de Manila 2010 e incorporado pola Directiva 2012/35/VE e Resolución da DGMM de 18 de junio de 2013

Proporciona a formación, instrucción e normas de competencia para a toma de conciencia dos aspectos relacionados coa protección marítima e requiridos para tripulantes de buques mercantes que deban dispoñer do certificado de Protección dol buque e das instalacións portuarias.

Segundo comunidado da Direción Xeral da Mariña Mercante:

O nivel un (curso de Formación básica en protección marítima) dedicado á formación para a familiarización relacionada coa seguridade debe ser impartida (...), a todas as persoas empregadas ou contratadas antes de que se lles asignan tarefas a bordo de buques aos cales lle sexa de aplicación as disposicións do Código PBIP. Esta formación a bordo permitirá adquirir as competencias para polo menos:

1. notificar un suceso que afecte á protección, incluídos tentativas e ataques de piratas ou ladróns armados; 2. determinar os procedementos que deben seguirse cando recoñezan unha ameaza para a protección; e 3. participar nos procedementos de emerxencia e continxencia relacionados coa protección.

PASOS A SEGUIR DESPOIS DE OBTER O CERTIFICADO

ENLACE Á WEB DO MINISTERIO DE FOMENTO. PINCHA NA TITULACIÓN CORRESPONDENTE.

TAXAS

DATAS DE CURSOS  Pincha AQUÍ para saber datas de cursos de Formación Básica en Seguridade.