FORMACIÓN SANITARIA ESPECÍFICA

 

FORMACIÓN SANITARIA ESPECÍFICA INICIAL

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2120

DURACIÓN 25 Horas
REQUISITOS DNI, NIE ou Pasaporte.
TEMARIO

1-Recursos sanitarios para os traballadores do mar.

2-Anatomía e fisioloxía do corpo humano.

3-Exame do paciente.

4-Parada cardiorrespiratoria.

5-Hemorraxias.

6-Choque (shock).

7-Feridas e queimaduras.

8-Trastornos xerais por frío e calor.

9-Traumatismos.

10-Intoxicacións.

11-Corpos estraños.

12-Hixiene individual e colectiva.

13-Morte na mar.

14-Administración de medicamentos e botiquíns a bordo.

15-Consulta médica por radio.

DESCRICIÓN

É o equivalente á formación en primeiros auxilios a bordo establecida na regra VI/4 apartado 2 do Anexo I da Directiva 2001/25/CE relativa ao nivel mínimo de formación en profesións marítimas (Regra VI/4-2 do STCW-78/95, sección A-VI/4-1).

Están obrigados a estar en posesión deste certificado: Todos os oficiais encargados da garda en cámara de máquinas.

Os capitáns, patróns e oficiais que teñan que encargarse da garda de navegación en embarcacións obrigadas a levar a botica de primeiros auxilios C, segundo o disposto no Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro.

 

De interés para aficionados e outros profesionais do sector náutico.  É un dos certificados profesionais necesarios para a titulación de Patrón Profesional de Recreo (PPER).

ESTE CURSO SOAMENTE SERVE PARA O ÁMBITO MARÍTIMO PESQUEIRO.

IMPORTANTE

O certificado de Formación Sanitaria Específica Inicial terá unha validez máxima de cinco anos, debendo, unha vez transcorrido este prazo, realizar un novo curso de Actualización a fin de renovalo.

DATAS DE CURSOS Pincha AQUÍ para saber datas de cursos de Formación Sanitaria Específica Inicial.
MÁIS INFORMACIÓN Pincha AQUÍ para obter máis información sobre o curso.
 

FORMACIÓN SANITARIA ESPECÍFICA AVANZADA

CÓDIGO PARA A OFICINA DE EMPREGO

XXMAPX2117

DURACIÓN 40 Horas
REQUISITOS DNI, NIE ou Pasaporte.
TEMARIO

1-Recursos sanitarios para os traballadores do mar.

2-Anatomía e fisioloxía do corpo humano.

3-Historia clínica elemental e exame do paciente.

4-Parada cardiorrespiratoria.

5-Hemorraxias. Shock.

6-Feridas.

7-Queimaduras e conxelacións.

8-Trastornos xerais por frío e calor.

9-Intoxicacións a bordo.

10-Escordaduras, luxacións e fracturas.

11-Transporte de feridos.

12-Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

13-Hixiene individual do buque.

14-Enfermidades tropicais e enfermidades de transmisión sexual.

15-Lesións nos oídos, nariz, garganta, ollos e dentes.

16-Uso indebido de drogas, alcol e outras urxencias psiquiátricas.

17-Morte na mar.

18-Atención ao parto.

19-Administración de medicamentos e botiquíns a bordo.

20-Consulta médica por radio.

DESCRICIÓN

Equivale á formación en coidados médicos a bordo establecida na regra VI/4 apartado 1 do Anexo I da Directiva 2001/25/CE relativa ao nivel mínimo de formación en profesións marítimas (Regra VI/4-1 do STCW-78/95, sección A-VI/4-2).

Obrigatorio para: os capitáns, patróns e oficiais que teñan que encargarse da garda de navegación en buques obrigados a levar a Botica de primeiros auxilios A ou B, segundo o disposto no Real Decreto 258/1999, do 12 de febreiro.

De interés para aficionados e outros profesionais do sector náutico. É un dos certificados profesionais necesarios para a titulación de Patrón Profesional de Recreo (PPER).

ESTE CURSO SOAMENTE SERVE PARA O ÁMBITO MARÍTIMO PESQUEIRO.

IMPORTANTE

O certificado de Formación Sanitaria Específica Avanzada terá unha validez máxima de cinco anos, debendo, unha vez transcorrido este prazo, realizar un novo curso de Actualización a fin de renovalo.

DATAS DE CURSOS Pincha AQUÍ para saber datas de cursos de Formación Sanitaria Específica Avanzada.
MÁIS INFORMACIÓN Pincha AQUÍ para obter máis información sobre o curso.