PASOS A SEGUIR DESPOIS DE OBTER O CERTIFICADO

 

TARXETA PROFESIONAL DE MARIÑEIRO/A PESCADOR/A

Para a primeira expedición (con restricción de mando) da tarxeta, se debe solicitar á Consellería do Mar (Xunta de Galicia) e entregar a seguinte documentación:

-Solicitude debidamente cuberta.

-Fotografía recente tamaño carné.

-Xustificante de aboamento das taxas correspondentes (código 36.26.01).

                         +

CURSO DE FORMACIÓN BÁSICA EN SEGURIDADE (70H)

                          =

LIBRETA MARÍTIMA (TRÁMITES EN CAPITANÍA MARÍTIMA)

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA SOLICITAR A LIBRETA MARÍTIMA:

-Solicitude normalizada, cumprimentada e asinada polo interesado ou quen o represente.

-Dúas fotografías tamaño pasaporte con nome e apelidos escritos a lapis no dorso, nas que o interesado estará coa cabeza descuberta e sen gafas oscuras.

-Ingreso da taxa correspondente segundo instruccións de Capitanía Marítima.

-Fotocopia compulsada dunha tarxeta profesional marítima ou dun certificado de seguridade ou especialidade marítima.Tamén se admite fotocopia compulsada do resgardo de solicitude dunha tarxeta profesional ou dun certificado de seguridade ou especialidade marítima.

-Documento Nacional de Identidade. Serve calquera de estes documentos:

  • Fotocopia compulsada do DNI
  • Fotocopia do Pasaporte español en vigor
  • Certificación da partida de nacemento expedida polo Rexistro Civil correspondente
  • Consentemento expreso para que os datos de identidade poidan ser consultados pola Dirección General de la Marina Mercante en virtude do disposto no RD 522/2008 de 28 de abril.

 

Ademáis para enrolarse será necesario pasar o recoñecemento médico de aptitude no ISM correspondente.