Skip to Content

Curso 12-13

Expo-meteoro na Semana da Ciencia.

Estase a realizar no hall do noso Instituto a gran exposición de Meteoro.

Para ver imaxes prema aquí.

O EDL invítache a participar no Concurso de Felicitacións de Nadal.(Bases do Concurso)

CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL

BASES
1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do Centro.
2. Cada persoa poderá presentar un máximo de dúas tarxetas.
3. As tarxetas poderán estar confeccionadas con calquera técnica e material. Deben incluír obrigatoriamente un lema alusivo ao tema e redactado en galego. O motivo pode ser relixioso ou non.
4. Haberá dúas categorías:
• I – 1º, 2°,3°ESO
• II - 4° ESO, 1º e 20 BACHARELATO
5. O prazo de entrega terá como data límite o día 10 de decembro (luns).
6. O xurado estará composto por profesores, alumnos, representantes do Equipo de Dinamización Lingüística, persoal non docente.
7. Haberá un premio para cada categoría que consistirá en material de debuxo e pintura.
8. Todas as tarxetas, premiadas ou non, serán expostas no Instituto e poderán ser publicadas no páxina web do Centro.
9. A tarxeta gañadora será a oficial do Instituto para facer a felicitación destas festas.
10. O nome dos gañadores darase a coñecer o último día de clase do mes de
decembro. A entrega dos premios efectuarase no mes de xaneiro, á volta
das vacacións.
O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA
11. A participación neste concurso supón a aceptación das bases.

Bases do Concurso de enerxía sostible (Semana da Ciencia do 4 ao 18 de novembro)

Semana da Biblioteca

Para ver máis fotos premer aquí.

Se segues as pegadas que parten do vestíbulo, chegarás sen perda á biblioteca. Esta semana está de festa porque o 24 de outubro foi o Día da Biblioteca e no noso centro facemos extensiva esta celebración a toda a semana.
A biblioteca abre as súas portas -como sempre, como todos os días lectivos- a toda a comunidade escolar, pero nestas datas moi especialmente aos alumnos novos no centro. Para eles haberá unha visita guiada. Ademais proxectaranse curtos de animación sobre libros, lecturas, lectores...Entre outros poderase ver The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore, Oscar á mellor curtametraxe de animación 2012.

¡Ata sempre Tilo!

Graciñas Tilo por os teus vinteseis anos de servizo. ¡Ata sempre!

Para ver fotos, premer aquí.

Convocatoria club lectura 2012-2013

Ler,
distínguenos.

CLUB DE LECTURA 2012-2013

¿Gústache a lectura?
¿Gustaríache formar parte dun grupo que teña como afección a lectura?
Entonces non o dubides, vente connosco  e serás un máis do club onde poderás opinar, compartir, discrepar  ou, simplemente,  asistir.

Infórmate na Biblioteca do Instituto

Distribuir contido


by Dr. Radut