Skip to Content

Semana da Biblioteca

Para ver máis fotos premer aquí.

Se segues as pegadas que parten do vestíbulo, chegarás sen perda á biblioteca. Esta semana está de festa porque o 24 de outubro foi o Día da Biblioteca e no noso centro facemos extensiva esta celebración a toda a semana.
A biblioteca abre as súas portas -como sempre, como todos os días lectivos- a toda a comunidade escolar, pero nestas datas moi especialmente aos alumnos novos no centro. Para eles haberá unha visita guiada. Ademais proxectaranse curtos de animación sobre libros, lecturas, lectores...Entre outros poderase ver The Fantastic Flying Books of Mr Morris Lessmore, Oscar á mellor curtametraxe de animación 2012.



page | by Dr. Radut