Promovendo o aforro enerxético
O noso centro participa no programa " Enerxía con Conciencia" da Fundación Repsol. Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía están a elaborar co alumnado unha auditoría enerxética para analizar os consumos de enerxía eléctrica, combustibles e auga no día a día do funcionamento do centro co obxectivo de facer unha serie de propostas de mellora buscando a racionalización e eficiencia no seu uso.
Ao longo dos próximos días todos seredes tamén protagonistas destas actuacións... porque ¿que facedes vos para aforrar enerxía?
Adxunto | Tamaño |
---|---|
fondo_entrevistas.jpg | 42.78 KB |