V encontros de centros para unha convivencia positiva
Mañá venres 2 e o sábado 3 de xuño alumnado do Servizo de Mediación, Ángel Plata Pérez, Iker Alvite Almozara, Valeria Torreira González, Nuria Barbazán Raña e Jonathan Torreira Piñeiro, acompañados por Kety Lois Salgado, Coordinadora de Mediación, Begoña Cortés Ferro, Orientadora, Cipriano Núñez Rodríguez, Xefe de Estudos e Adelino José Pose Reino, Director, asistirán no IES Carlos Casares de Viana do Bolo ao V Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva, onde participan profesorado e alumnado de 16 centros públicos de Galicia.
O programa ofrece interesantes propostas, como Juan de Vicente (gañador do Certame D+I ao docente máis innovador de España), Carme Loureiro (a maga das emocións), Victor Martin e Sergio González (UNESCO e CCEE Reyes Católicos de Bogotá, que nos achegarán á realidade do proceso de paz en Colombia), Roi Guitián e María Lobo (expertos en observar e expresar a realidade a través das novas tecnoloxías), Aixa Permuy (a emoción ao servizo da igualdade)... e moito máis.