Escola de Familias. Por un uso seguro de Internet
O pasado venres 2 de febreiro tivo lugar unha nova actividade da Escola de Familias no centro, cun grande éxito de asistencia.
Grazas á financiación da ANPA -e coa colaboración do Concello de Negreira- contamos con José Torres, responsable do equipo de investigación tecnolóxica da Garda Civil de Pontevedra.
Foi unha xornada moi interesante na que aprendimos moitas ferramentas para poder guiar ás e os adolescentes na súa vida online e protexelos dos perigos que hoxe en día se poden atopar nas redes. Algunhas desas ferramentas atópanse no documento que se adxunta, que pode ser de interese tamén para aquelas familias que non puideran asistir á sesión do venres.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ENLACES DE INTERES.pdf | 95.21 KB |