Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1
| 2
| 3
| 4
all day
Un ano máis organizamos a Feira das Profesións 2024 en colaboración cos departamentos de orientación dos IES de Ames e Brión. Nesta edición contaremos con máis de 40 expositores entre os que se atopan centros que imparten ciclos formativos de FP, universidades, corpos e forzas de seguridade, profesionais independentes de distintos campos, empresas e administracións públicas. Este ano, como novidade, contaremos cun espazo no que terán lugar diversas charlas de orientación ás que o alumnado poderá asistir libremente se son do seu interese. A feira terá lugar no pavillón polideportivo de Brión o xoves 4 de abril, e aparte de alumnado poderá asistir libremente o público xeral e as familias pola tarde entre as 16:00 e 18:30 horas. As 18:30 horas terá lugar o acto de clausura coa presenza das alcaldías dos tres concellos e representación das direccións dos centros organizadores. Animámosvos a que visitedes a Feira pola tarde en familia, que de seguro vos axudará na toma de decisión da futura traxectoria académica e/ou profesional dos vosos fillos. | 5
| 6
| 7
|