Eventos
O vindeiro venres 17 haberá unhas charlas orientativas para as familias con respecto ás matrículas do vindeiro curso. Debido ao tamaño do salón de actos rogamos veña unha única persoa por familia.
HORARIO DAS CHARLAS
18:00 para familias de alumnado que pasa de 2º a 3º ESO
18:30 " que pasa de 3º a 4º ESO
19:00 " que pasa de 4º para 1º de bacharelato
19:30 " que pasa de 1º a 2º bacharelato
Rogamos puntualidade.
Publicamos o calendario das probas extraordinarias de final de xuño para alumnado de bacharelato e 1º FPB
ATENCIÓN: DETECTADO UN ERRO NO ISBN DO LIBRO DE 1º ESO FRANCÉS 2ª LINGUA CAHIER D' EXERCISES: o ISBN Correcto é 978-84-9049-449-3
Listaxe de libros de texto e material necesarios para o vindeiro curso (pdf).
A TER EN CONTA:
- Lembramos que somos centro E-DIXGAL e que o curso 22-23 abrangue a 1º e 2º ESO, no que TODO o alumnado recibirá un ordenador portátil e material educativo dixital para alomenos 6 materias.
- Nos cursos pares onde aínda non se implantan os novos currículos (2º ESO nas materias que non pasen a ser impartidas por E-DIXGAL, 4º ESO e 2º BAC) os libros de texto serán os mesmos que o ano pasado. Xa que estes libros perderán a súa vixencia ao ano seguinte aconsellamos intentar conseguilos prestados ou non mercar os libros ata o último momento por se o centro pode proporcionar exemplares. Para o alumnado de 2º ESO nas materias non E-Dixgal o centro tentará de arbitrar un sistema de reparto equitativo dos libros dispoñibles.
Publicadas as novas instruccións para o uso do transporte escolar
Lembramos que o noso centro está englobado no sistema de rutas INTEGRADAS.
Se algún usuario lexítimo precisa de solicitar unha nova parada (ver condicións no documento) debe facelo antes do 8 de xullo.
Están publicadas no taboleiro interior de anuncios do centro as LISTAXES PROVISIONAIS de adxudicación de Fondo Libros (3º e 4º ESO) e de axudas para a adquisición de material escolar e / ou libros de texto.
Poden consultarse en horario de 9:00 a 14:00. Non está permitido tomar imaxes das listaxes (ley de protección de datos)
As persoas que fixeron a solicitude telemáticamente poden consultar a resolución a través da aplicación Fondolibros.
Contra estas listaxes provisionais as persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes a publicación das mesmas.
Lémbrase que desde a Consellería de Educación, consideran aos medios electrónicos ferramentas válidas para que os centros educativos se comuniquen coas familias. Neste caso, se o centro opta por unha comunicación de este tipo, a comunicación obrigatoria para algúns procedementos ten que ser o sistema de información Abalar ou a aplicación AbalarMobil.
Polo tanto, solicitamos aos responsables dos alumnos (pais, nais ou titores legais) que descarguen dita aplicación nos seus teléfonos móbiles para, deste xeito, facilitar dita comunicación.
A dirección.