Eventos
O alumnado dos ciclos medio e superior que pasa para 2º curso ou repite 2º curso formalizará a súa matrícula de xeito presencial no centro o día 2 de xullo, de 10:00 a 13:30 da mañá.
Documentación a presentar:
- Fotocopia do DNI
- Resgardo do pago de seguro escolar
- Impresos cubertos
En caso de non poder acudir ese día lembre que o prazo de matrícula remata o día 8 de xullo as 13:00
NOTA: O alumnado que desexe matricularse en 1º ou repita ese curso debe seguir os pasos do proceso de admisión. O prazo será do 25 de xuño ata o 8 de xullo ata as 13:00 horas. (IR Á PÁXINA DA CONSELLERÍA).
O alumnado de ciclos recibirá as cualificacións mediante a aplicación Abalar. No caso de que non poidan acceder a elas por esta vía poden recollelas presencialmente no centro o día 25 xoves no seguinte horario:
1º ASIR: Salón de actos 13:00 horas
2º ASIR: Ximnasio pequeno 13:15 horas
1º SMR: Salón de actos 13:30 horas
2º SMR: Ximnasio pequeno 13:45 horas
Informamos que a devolución dos cartos das viaxes anuladas a Ancares, Cantabria e Londres farase nos días previstos de matrícula dese alumnado (Londres 3 e 6 de xullo, Cantabria 7 e 8 de xullo, Ancares 9 de xullo).
Se algunha familia non puidera pasar a recollelos nesas datas, por favor contacten co centro para solicitar cita previa.
Con bastante esforzo, pero con moita satisfacción, presentamos o exemplar nº 6 da nosa Revista. É un número moi especial que sempre nos lembrará os difíciles momentos da pandemia.
Que o disfrutedes.
CONSULTAR EN CALAMEO (Formato de lectura cómoda)
<
Consulte aquí as rutas e paradas do transporte escolar durante o curso 2019-2020.
TÁBOA DE RUTAS E PARADAS 2019-2020
Poden consultar tamén as instruccións para o curso 2020-2021 sobre Transporte escolar, en concreto sobre petición de novas paradas ou do servizo para usuarios non lexítimos
INSTRUCCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR 20-21
Resulta importante sinalar que o alumnado de ensinanzas non obrigatorias (bacharelato, ciclos medio e superior) que sexa autorizado a usar o servizo de transporte escolar nos vehículos contratados pola consellería farao de forma absolutamente gratuita.
Lembren tamén que no caso de solicitar modificación dos itinerarios ou novas paradas (só pode solicitalas o alumnado de ESO e FPB usuario lexítimo do servizo de transporte) con carácter xeral non se autorizarán desviacións ou novas paradas por distancias inferiores a 2 km, nin fóra da zona de influencia do centro.
Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto. Para consultalas recomendamos facelo telemáticamente usando a aplicación Fondolibros. De non poder acceder, poden pasar polo centro a consultalas en conserxería.
O prazo de presentación de reclamacións fronte a esta listaxe provisional remata o día 15 de xullo.
As listaxes definitivas publicaranse en setembro tras a realización das probas extraordinarias e a matriculación dos alumnos restantes (data prevista 14 de setembro).
Aqueles alumnos que reciben 6 libros teñen concedida tamén a axuda de 50€ para adquisición de material didáctico. Se dispoñen de chave 365 ou certificado dixital poderase consultar en intenet a listaxe de adxudicación de libros e axudas de material, na aplicación Fondolibros. Senón sempre poden consultala na conserxería do centro.
A listaxe de libros concretos que lle corresponden a cada alumno coñecerase en setembro cando se devolvan todos os libros prestados durante o verán e estea rematada a matrícula de setembro. En calquera caso, se xa dispoñen de algúns libros de texto poden deixar aviso na conserxería do centro e no reparto de setembro pocurarase telo en conta, pero advertimos que pola dificultade do proceso NON podemos garantir que se lle adxudiquen libros diferentes aos que xa teñen.
A partir de mañá o alumnado a quen lle fose concedida a axuda de material didáctico poderá pasar polo centro a recoller os vales ata o 31 de xullo o durante os primeiros días de setembro.
Publícase o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro que terán lugar o día 1 e 2 de setembro
Consultar calendario exames setembro (arquivo PDF)
IMPORTANTE: O alumnado que levara libros do fondo solidario de libros de texto para preparar as materias durante o verán procederá a devolución dos mesmos os días 1 e 2 de setembro en conserxería, coincidindo coa asistencia aos exames das materias pendentes.
O ALUMNADO FORMALIZARÁ A SÚA MATRÍCULA OS SEGUINTES DÍAS
- Alumnado que vai cursar
- 1º ESO - Venres 4 de setembro
- 2º ESO - Venres 4 de setembro
- 3º ESO - Venres 4 de setembro
- 4º ESO - Luns 7 de setembro
- 1º BAC - Luns 7 de setembro
- 2º BAC - Luns 7 de setembro
Convocados os premios extraordinarios de bacharelato do curso 19/20. Para alumnado con nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. O prazo de presentación de solicitudes comenza o 23 de xullo e remata o 24 de agosto. Tedes toda a información na web da Consellería. CONSULTAR