Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Con motivo do día mundial da Auga (22 de marzo) o alumnado de 4º de ESO percorreu o "roteiro da auga potable" de Negreira, visitando o paseo do río Barcala, a captación da auga, a estación de potabilización, os depósitos e a depuradora de augas residuais. Unha actividade moi completa, na que contaron coas explicacións dos técnicos e coñeceron todos os procesos que fan posible que teñamos auga de calidade nas billas da nosa casa. O dereito a auga potable e ao saneamento é un dereito humano esencial, recoñecido polas Nacións Unidas, pero a día de hoxe millóns de persoas seguen sen ter garantido ese dereito, sufrindo enfermidades e mortes evitables. Por iso faise necesario de que sexamos conscientes do esforzo que supón garantir o acceso á auga potable e que non malgastemos ese recurso escaso e imprescindible http://www.un.org/es/events/waterday/
|