Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Hoxe, ao finalizar as clases, o alumnado do IES Xulián Magariños sorprendeu ao director, Adelino José Pose Reino cunha pequena homenaxe na entrada do instituto. Cun bonito mensaxe de fondo debuxado nunha pizarra, unha alumna de 1º de bacharelato dirixiulle unhas palabras de agarimo e agradecemento polo seu excelente traballo tras catorce anos na dirección e entregoulle un ramo de flores. Adelino emocionado convidoulles a continuar esa convivencia positiva que se logrou nestes catorce anos. |