IES Xulián Magariños - Avda. Castelao, 23. 15830 Negreira

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv
Inicio › Eventos

  

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
  • Mes
  • Week
  • Día
  • Táboa
Martes Abril 24, 2018
(story)
Viaxe a París
Data24/04/2018

Do 24 ao 29 de abril, o alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO viaxará a Paris acompañado polos docentes Lucía Pérez, Juan Alves e Nuria Rodríguez.

Mércores Abril 25, 2018
(story)
Viaxe a París

Do 24 ao 29 de abril, o alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO viaxará a Paris acompañado polos docentes Lucía Pérez, Juan Alves e Nuria Rodríguez.

(story)
Ximcana mitolóxica en Santiago

O mércores 25 de abril o alumnado de 4º ESO de latín (B e C) e 1º de BAC B (latín) participará nunha gincana mitolóxica en Santiago. Sairán a 2ª hora e irán acompañados por Margarita e María López

Xoves Abril 26, 2018
(story)
Viaxe a París

Do 24 ao 29 de abril, o alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO viaxará a Paris acompañado polos docentes Lucía Pérez, Juan Alves e Nuria Rodríguez.

Venres Abril 27, 2018
(story)
Viaxe a París

Do 24 ao 29 de abril, o alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO viaxará a Paris acompañado polos docentes Lucía Pérez, Juan Alves e Nuria Rodríguez.

(story)
Visita a Lugo

O venres día 27 o departamento de Xeografía e Historia organiza unha viaxe a Lugo para o alumnado de 1º de ESO, os de 2º que non participen na viaxe a París e o alumnado de Historia de 1º BAC.

Sábado Abril 28, 2018
(story)
Viaxe a París

Do 24 ao 29 de abril, o alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO viaxará a Paris acompañado polos docentes Lucía Pérez, Juan Alves e Nuria Rodríguez.

Domingo Abril 29, 2018
(story)
Viaxe a París
Data24/04/2018
End: 29/04/2018

Do 24 ao 29 de abril, o alumnado de Francés de 2º e 3º de ESO viaxará a Paris acompañado polos docentes Lucía Pérez, Juan Alves e Nuria Rodríguez.

Mércores Maio 02, 2018
(story)
De volta de París

Xa están de volta os alumnos e alumnas que disfrutaron da viaxe a París. E teñen un montón de vivencias e imaxes que compartir con vos, que proximamente poderedes ler na revista do centro. Mentres tanto podedes ver as fotos no Facebook do noso centro.

(story)
Conferencia: Unha viaxe á máquina da mente

O mércores 2 de maio o profesor Xurxo Mariño falará sobre "Unha viaxe á máquina da mente" ao alumnado de 3º ESO e 1º de BAC, nas dúas últimas horas da mañá.

Xoves Maio 03, 2018
(story)
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras 2018.

Publicación das listaxes provisionais de seleccionados/as e de suplentes.Ábrese un prazo de 10 días naturais  para que os/as solicitantes, que así o desexen, formulen reclamacións e, no seu caso, remitan a documentación refirida no estado "14. Requirimentos pendentes"

Toda a información a tedes dispoñible en https://www.edu.xunta.es/axudasle/

(story)
O alumnado de portugués investiga sobre a Revolución do 25 de Abril
Data03/05/2018 18:06

Compartimos con vos un interesante artigo sobre a famosa Revolucíon dos claveles do 25 de abril de 1974, escrito pola alumna de portugués María Noya.

Ligazón

Sábado Maio 05, 2018
(story)
Final do Club de Debate

Noraboa aos equipos do IES Xulián Magariños que participaron na gran final de Club de Debate en Ferrol e como sempre deixaron moi boas impresións. Este ano a victoria foi para Ames, a quen tamén felicitamos cariñosamente, que gañou nunha disputadísima final a o equipo 1 do noso centro. 

A pesar de que non gañaron, o noso alumnado tivo como sempre unha actitude magnífica e dedicáronlle a María Blanco, quen para o curso que ven trasládase de centro, unha despedida moi emotiva con peza de gaita incluída. 

Ligazón á noticia na Voz de Galicia

Domingo Maio 06, 2018
(story)
Campus de verán XUVENCIENCIA en Lugo

A universidade de Santiago, na sede do campus Terra de Lugo organiza un campamento científico para alumando de 4º ESo e 1º Bacharelato.

Do 2 ao 6 de xullo estaredes inmersos nun ambiente científico e lúdico ideal para aprender e divertirse. Polas mañás teredes actividades practica e obradoiros, e polas tardes actividades en grupo e sociais.

-Fotosíntese artificial -Guiado de tractores con GPS  -Enerxías do futuro...

e moito mais. O custo do campamento é de 150€ con pensión completa.

Tedes toda a información nesta ligazón.

Prazo de inscrición ata o 6 de maio!!

 

Martes Maio 08, 2018
(story)
Xornalismo na escola

O martes 8 de maio Olalla Liñares dará un obradoiro sobre Xornalismo na Escola ao alumnado de 3º ESO nas dúas horas da tarde.

Mércores Maio 09, 2018
(story)
Apuntes de plásticos 3º ESO

Aquí podedes descargar os apuntes sobre o tema dos plásticos da 3ª avaliación

DESCARGAR

Xoves Maio 10, 2018
(story)
Dúas semanas de froita

Por unha alimentación saudable. Cada día, durante dúas semanas, o alumnado terá a súa disposición durante os recreos froita variada. Hoxe toca melocotón.

 

(story)
XV Certame literario de Ames

Parabéns a Iría Sánchez Del Río de 3º ESO polo 3º Premio de narrativa na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) co traballo Noite de lóstregos.

Ligazón a noticia na web do Concello de Ames

Venres Maio 11, 2018
(story)
Apuntes de materiais cerámicos e de construción

Aquí tedes os apuntes do tema de materiais cerámicos e de construción. LIGAZÓN

Luns Maio 14, 2018
(story)
English around the world. (Póster interactivo)
Este traballo está feito polos alumnos de 2ºESO A, B, C na materia de inglés, dirixidos pola profesora Nuria Rodríguez López. No póster recóllense as presentacións en power point que eles mesmos presentaron oralmente na aula sobre cidades ou países de fala en lingua inglesa.
O póster está aínda en construcción pero pouco a pouco iremos engadindo novos contidos.
 
Ligazón ao poster interactivo
 
(story)
O alumnado de 2º de ESO presenta a: Mª Vitoria Moreno

Martes Maio 15, 2018
(story)
Concerto do grupo de Hip Hop galego "Ezeterre"

Mércores Maio 16, 2018
(story)
Próximas estreas en XEMA.TV, a nosa canle de televisión

Estade moi atentos porque o vindeiro 16 de maio terá lugar a estrea mundial (en exclusiva en XEMA.TV) de dúas series ideadas e realizadas polo alumnado do IES Xulián Magariños.

Paciencia... ata ese día podedes visionar os trailers de presentación.

N.E.S.A : Rompendo os escáneres 

   (Nun mundo rexido por adultos, rumores e Donald Trump, catro rapazas ensinaránnos a ... romper os escáneres)

O que non se ve

   (Cinco alumnas chegan novas ao Internado Xulián Magariños. O que non saben é o que se agocha dentro...)

Que non sabedes onde visionar os trailers? Tedes a ligazón a XEMA.TV no menú principal da cabeceira desta web, xusto debaixo do nome do instituto.

(story)
Encontros coas escritoras : Diana Varela

A escritora Diana Varela compartirá as súas experiencias co alumnado de 3º e 4º de ESO o vindeiro mércores 16, con motivo da celebración das Letras galegas.

Luns Maio 21, 2018
(story)
Viaxe a Londres.

Segundo comentan os nosos enviados especiais a Londres, a viaxe de estudantes de 3º de ESO, acompañados polos profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares á capital inglesa está a ter unha intensa actividade cultural. Podedes facer o seguimento en exclusiva na nosa páxina de Facebook, que contén todo o apoio gráfico. 

(story)
Video interactivo conmemorativo do Día das Letras Galegas

A Deputación da Coruña encargou a elaboración dun video interactivo para conmemorar María Victoria Moreno con motivo do Día das Letras Galegas. A proposta consiste nun xogo con dez preguntas e un premio virtual que permite achegarse á traxectoria da cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galega. De acertar, iranse sumando puntos para a recompensa final, virtual e relacionada coa autora. De non acertar, o xogo ofrece un vídeo explicativo que conduce á resposta correcta. Consideramos que este video pode ser unha ferramenta acaída para difundir a obra e a biografía de María Victoria Moreno entre o alumnado.

IR AO VIDEO

 

Martes Maio 22, 2018
(story)
Visita a EASD Mestre Mateo

Mañá un grupo de alumnos/as de 4º ESO e 2º BAC acudirán coa profesora Elena Paredes a visitar a EASD Mestre Mateo de Santiago, onde poderán coñecer a ampla oferta de estudos artísticos e as instalacións. 

Xoves Maio 24, 2018
(story)
Novos contidos audiovisuais en XeMa.TV
Data24/05/2018 15:59

Os equipos de producción e o plató de XeMa.TV, a nosa canle de televisión escolar, están que non paran. Na ligazón de XeMa.TV que tedes no menú superior desta páxina teredes acceso a programas tan interesantes como:

      • Entrevista a Xurxo Mariño, biólogo e neurofisiólogo, que deu unha charla no noso centro fai uns días.
      • Novos episodios das series NESA e O QUE NON SE VE

Non volo perdades!

 

(story)
A produción audiovisual do IES recollida na prensa

El Correo Gallego recolle nas súas páxinas a estrea de dúas series de producción propia do alumnado do noso centro.

 

(story)
Máis premios

MÁIS PREMIOS PARA O ALUMNADO DO IES XULIÁN MAGARIÑOS:

Premios de pintura ¨Negreira en cor¨ do concello de Negreira na categoría de 13 a 18 anos:

  • 1º premio - Laura Rodríguez Capeáns, pola obra A colleita de 1º ESO C
  • 2º premio - María Suárez Canoura, por Paisaxe de 3º ESO C
  • 3º premio - Paola Enjo Lueiro, coa obra Orange de 4º ESO A

Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas.

PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS!!!

(story)
Acto de graduación de 2º de bacharelato
Data24/05/2018 20:00

O xoves, día 24 de maio, celebramos un emotivo acto de graduación (1ª vez que o facemos), para despedir ao noso alumnado de 2º BACH. Tivo lugar no salón de actos  (que encheuse completamente) estando invitadas as familias e todo o profesorado. Fixo a presentación o director do centro, Adelino José Pose Reino, a continuación a titora, María Rey Rey e a xefa de estudos, María Branco Crespo tomaron a palabra en nome do profesorado e para finalizar interviñeron Fátima Fathallah Ezzine e José Caamaño Noya que deron a réplica por parte do alumnado. Como presentadora a vicedirectora, Clara Rodríguez Núñez e tamén estivo na mesa de presidencia o titor Paulo Rendo Martínez. No trancurso do acto fíxose entrega de diplomas ao alumnado e proxectouse un vídeo sobre a súa estancia no instituto. A destacar as fermosas actuacións musicais de Lara López Súarez acompañada na guitarra por Samuel Lema Capeáns e a de Jonathan Blanco Vieites coa que finalizou o acto. Moita sorte na vosa nova etapa.

Próximamente teredes á vosa disposición as fotos do acto e tamén o vídeo en XeMa.TV.

Venres Maio 25, 2018
(story)
Promoción 2º bacharelato curso 2017/2018

(story)
Concurso: deseña o logotipo do IES Xulián Magariños

ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR AS PROPOSTAS A CONCURSO. 

O alumnado ao que lle guste o deseño gráfico ten a oportunidade de amosar o seu talento deseñando o logotipo para o IES Xulián Magariños. 

BASES DO CONCURSO

Tedes de prazo ata o 25 de maio, así que animádevos!

Aquí tedes algúns consellos para desenvolver a vosa idea.

(story)
I Olimpiada de Historia

Mañá venres, 25 un equipo composto por 4 alumnas de 4º de ESO, acompañadas do profesor Amancio Liñares, participarán na I olimpiada galega de Historia na facultade de Historia do campus de Ourense. Moita sorte!

P.D:O noso equipo chámase O Kalivera 30 H. P. (nome dunha das novelas curtas do escritor Xulián Magariños Negreira).

(story)
Próxima xubilación do noso director, D. Adelino Pose

En declaracións ao diario "El Correo Gallego" desvela os seus plans de futuro, que pasan entre outras cousas, por un merecido descanso. Botarémoste de menos, director!

Add to iCalendar
Distribuir contido

Enlace Aula Virtual

O noso centro

  • Historia
  • Horario xeral
  • Localización
  • Servizos complementarios
  • Instalacións
  • Oferta educativa
  • Xulián Magariños
  • O noso concello
  • Contacta connosco

CURSO 20-21

  • Declaración responsable (para entregar o día da presentación)
  • Autoenquisa síntomas COVID (facer diariamente)
  • Plano de entradas
  • Guía das familias
  • Plan de adaptación á situación COVID-19
  • Calendario escolar 20-21
  • Resumo programacións didácticas
  • Protocolo Actividades Extraescolares
  • Libros de texto
  • Seguro Escolar

Eventos

« Abril 2018 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

Novas

  • GUÍA DO CURSO 2019-2020
  • ABAU
  • Becas e axudas
  • Na prensa
  • Premios e distincións
  • Últimas novas
  • Novas anteriores

Actividades

  • Act. ANPA
  • Act. para pais e nais
  • Act. Complementarias
  • Act. Extraescolares

Equipo directivo

  • Composición
  • Organigrama
  • Comunicados
  • Vicedirección
  • Secretaría
    • Títulos
  • Documentación do centro
  • Impresos para descarga
  • Lexislación

Departamentos

  • Bioloxía e Xeoloxía
  • CCSS Xeografía e Historia
  • Clásicas
  • Comercio
  • Debuxo
  • Dinamización Lingüística
  • Economía
  • Ed. Física
  • Filosofía
  • Física e Química
  • Francés
  • Informática
  • Lingua castelá e Literatura
  • Lingua galega e Literatura
  • Lingua Inglesa
  • Matemáticas
  • Música
  • Orientación
  • Relixión
  • Tecnoloxía

Plan mellora bibliotecas

Biblioteca

  • Actualidade
  • Instalacións
  • Consulta Catálogo
  • Recomendámosche

Dinamización lingüística

  • Equipo
  • Actividades D.L.
  • Vídeos
  • Revista 2015-2016
  • Revista 2016-2017

Formularios de reclamacións

Orde de 2 de marzo de 2021 que regula o procedemento de reclamacións

Circular 2/21 cos prazos de reclamacións 2º BAC

Modelo formulario reclamación cualificacións 2º BAC 

Modelo formulario reclamación cualificacións Ciclos FP e FP Básica 

Modelo formulario reclamación cualificacións ESO e 1º BAC

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal

Protocolos

  • Protocolos de orientación e atención á diversidade
  • Educonvives. Protocolos de convivencia e atención sanitaria
  • Protocolos curso 2017-2018
  • Protocolos curso 2014-2015

  • aula virtual
  • imaxes
  • revista escolar
  • revista de prensa
  • en facebook
  • xema.tv


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria .2016