Skip to Content

Campus Aveiro - Climántica 24

Un grupo do noso alumnado participou no Campus Climántica 24 convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Aveiro.
Este campus internacional forma parte dun proxecto Erasmus+ coa temática do Cambio Climático como eixo fundamental. O noso centro, baixo a coordinación do departamento de Bioloxía e Xeoloxía, participa no mesmo dende a súa primeira edición.

A experiencia foi moi proveitosa e o noso alumnado xa está pensando na próxima edición. Desta volta estiveron acompañados por Sandríne e Francisco como profesorado do centro.

Noraboa a todos os participantes polo traballo desenvolvido e pola toma de conciencia e coñecementos nun tema tan importante para a especie humana e o noso planeta.



book | by Dr. Radut