Skip to Content

ADMISIÓN: listaxe provisional de alumnado admitido e excluído para o curso 2024/2025

Publicada a listaxe provisional de alumnado admitido e excluído para o vindeiro curso 2024/2025.

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022 que regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes, no seu artigo 35 Listaxes provisionais e definitivas do alumnado admitido e non admitido

1. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados publicará a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, pola orde da puntuación provisional total obtida.

2. A listaxe provisional deberá publicarse e ser accesible a través da aplicación informática o 25 de abril de cada ano, e indicará expresamente que se poderá formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar, no caso de centros públicos, e ante a titularidade, no caso de centros privados concertados.

3. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

4. A listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total, publicarase e estará dispoñible a través da aplicación informática o 15 de maio de cada ano, e permanecerá exposta e accesible ata o día de inicio do novo curso escolar; así mesmo, deberá indicar expresamente a forma concreta para a súa impugnación, órgano competente e prazo, de acordo co artigo seguinte.

5. A persoa solicitante ou, de ser o caso, a súa representante, a outra persoa proxenitora, titora ou acolledora do alumnado, ou o propio alumno maior de idade ou menor emancipado, sempre que teñan solicitude de admisión presentada en prazo, poderán consultar na secretaría do centro as listaxes coas puntuacións provisionais e definitivas desagregadas dos distintos criterios de admisión do alumnado do mesmo curso e centro, logo de acreditación da súa identidade e logo de asinar un compromiso de uso e confidencialidade.

Para coñecer a situación do alumnado nesta listaxe provisional será preciso entón presentarse no centro ou ben,  as persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365, poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado.

 



page | by Dr. Radut