Skip to Content

1º premio INNOVAGAL 2021 á Innovación Educativa

Montaxe sobre unha foto do interior do IES Valadares do texto "1º premio innovagal" xunto co logo do premioA Xunta de Galicia vén de recoñecer ao IES Valadares co primeiro premio Innovagal, instaurados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para recoñecer o compromiso dos colexios, institutos e docentes coa innovación educativa, a través da implantación, nas súas aulas, de iniciativas didácticas ou organizativas para dar resposta ás necesidades do seu alumnado.

Estes galardóns supoñen, ademais, o recoñecemento e difusión de boas prácticas que serven para achegar novos referentes a toda a comunidade educativa.

Na categoría de centros públicos integrados e Institutos de Educación Secundaria, resultou premiado o Instituto IES de Valadares (Vigo) co primeiro premio.

Ademais da dotación económica do premio, os galardoados recibirán o distintivo de Centro educativo Innovagal.

Para o IES Valadares indícase que:

IES Valadares (Vigo)

Os piares innovadores deste centro, que o fixeron merecedor do primeiro premio da súa categoría son a integración paulatina de materias (MateLengua), a creación de proxectos educativos (co uso das TIC e fomentando a igualdade), a integración das profesoras de apoio coa súa involucración en todas as materias, metodoloxías que atenden a todo o alumnado con NEAE e participación en diferentes clubs e plans que melloran a convivencia son os piares innovadores deste centro.

Podes ver o vídeo que se presentou a esta convocatoria a continuación:



page | by Dr. Radut