Skip to Content

Algúns premios e recoñecementos

A continuación cítanse algúns dos premios e recoñecementos:

  • Foto da entrega de premios de relatos contra a violencia de xéneroPremios ao Esforzo e Superación Persoal da ESO: apoiamos ao alumnado que se adapta ao perfil para estes premios e presentamos varios candidatos cada ano desde 2017/2018, aca-dando cada curso dous, tres premios ou cinco no 2020. Presentamos a 9 candidatos este setembro, á espera da resolución.

  • Premio PFPP no curso 2017-2018

  • Premio Extraordinario da ESO: promovemos a participación cun programa especial desde 2019/2020.

  • PLAMBE desde 2016/2017 e LÍA2 desde 2019/2020.

  • Premio “Youtuber por un día” (2018/2019) no VI Concurso de Traballos por Proxectos coor-dinados ou co apoio da biblioteca escolar e concedido pola Xunta.

  • Premios de Robótica Educativa no concurso da ETSE Industriais da Universidade de Vigo: cursos 2017/2018 e seguintes.

  • Premios de relatos curtos e debuxo no concurso da Subdelegación do Goberno sobre “Igualdade de Xénero” nos cursos 2017, 2018 e 2019.1º Premio de “Cooperativismo no Ensino” organizado pola Consellería de Emprego e Igual-dade, curso 2020-2021, na modalidade de actividades cooperativizadas na ESO co proxecto de centro CO2perativa: deseño, montaxe, programación de medidores de CO2 e estudo ma-temático das medicións en todas as aulas do centro. Convertemos a todo o centro nunha gran cooperativa para comercializar os medidores fabricados e testados.

  • Presentación o pasado xuño de tres proxectos ao VII Premio de Traballo por Proxectos con “Lévame”, “MeteoValadares”, “CO2perativa”, á espera da resolución.

  • 2º Premio Boas Prácticas Inclusivas 2020 da Consellería de Educación.



page | by Dr. Radut