ACREDITACIÓN DAS COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO

Aberto o prazo para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.

  • Inscrición no nivel intermedio para alumnado de 2º curso de FPB.
  • Inscrición na área de dominio 4 do nivel intermedio para o alumnado de 2º CM do réxime ordinario (ou do réxime de adultos que titule no 2023/24) distintos de CM Instalacións de Telecomunicacións e CM de Instalacións Eléctricas e Automáticas.
  • Impreso de solicitude (Anexo I).
  • Data límite: 22 de maio, ás 23:59 h.
  • Lugar de presentación: Secretaría do centro.

Para mais información pulsa na ligazón.

O alumnado de CS e dos CM Instalacións de Telecomunicacións e CM Instalacións Eléctricas e Automáticas obteñen de oficio a acreditación de nivel intermedio unha vez rematado o ciclo.

Para realizar unha demo da proba de certificación pulsa na ligazón.