1º Bacharelato, Artes Plásticas, Bioloxía e Xeoloxía, Construción, Cursos de formación, Economía, Edificación e Obra Civil, Educación física, Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Filosofia, Física e química, Francés, Francés Bacharelato, Francés ESO, Grego, Inglés, Latín, Lingua e Literatura castelá, Língua e Literatura galega, Linguas clásicas, Linguas estranxeiras, Literaturas Hispánicas, Matemáticas, Música, Ofertas de traballo, Orientación, Relixión católica, Tecnoloxía, Topografía, Xeografía e Historia
Becas e axudas para alumnos/as con necesidade específica de apoio educativo
Os alumnos/as que desexen solicitar as axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo deberán entrar no seguinte enlace
cubrir todo o que lles corresponda, imprimir e levalo ao profesional ao que van. Posteriormente deberán traelo ao centro.
MATEMÁTICAS E COCIÑA
|
Cando hai xa catro anos se celebrara por primeira vez o Certame de Fotografía Matemática do IES Gonzalo Torrente Ballester, seguramente houbo quen pensou que aquilo non era máis que outra disparatada idea dun Departamento, que non acabaría por callar entre o alumnado. Pero o certo é que en cada edición que se organiza deste concurso, os rapaces non deixan de nos sorprender; e non soamente porque a súa participación sexa máis que considerable, senón, sobre todo, porque acabamos descubrindo que algúns deles son verdadeiros artistas, capaces de relacionar os conceptos matemáticos máis abstractos con calquera faceta da vida cotiá ou da nosa contorna, e de tirar fotografías que chaman a atención de todo o mundo. Pois isto, precisamente, é o que se pretendía conseguir: que os nosos alumnos puidesen ver as Matemáticas como algo máis que simples números cos que facer unha serie de cálculos que, segundo moitos deles, non os van levar a ningures. Nesta ocasión, o certame versa sobre “Matemáticas e Cociña”, así que xa podedes imaxinar que entre as fotografías enviadas hai algunhas “moi saborosas”, das que sairán as gañadoras de cada unha das tres categorías (1º ESO - 2º ESO; 3º ESO – 4º ESO; 1º BAC – 2º BAC). Curiosamente, este ano participan un elevado número de alumnos de Bacharelato, polo que a competencia nesta categoría vai ser bastante disputada. |
Pero, ademais dos premios outorgados polo Departamento de Matemáticas, concederase outro á fotografía máis popular, de xeito que non podedes deixar de visitar a exposición instalada durante todo o mes de Maio no vestíbulo do noso centro, e de votar cal é a instantánea que máis vos gusta. Se o preferides, tamén podedes ver o vídeo seguinte, no cal se inclúen todas as fotografías presentes na exposición, incluídas aquelas que quedaron fóra do concurso por ser enviadas fóra de prazo.
Por favor, animádevos e votade todos!
BEN VEÑAS MAIO 2017
Din que as boas novas son contaxiosas, e así debe de ser, porque ultimamente o noso alumnado está a pisar forte e a conseguir que o nome do IES Gonzalo Torrente Ballester se escoite con forza en toda a cidade e, tamén, fóra dela.
Pois ben, nesta ocasión comprácenos poder felicitar a tres estudantes do noso centro que acadaron cadanseu premio na presente edición do certame literario, musical e audiovisual “Ben Veñas Maio” que, como cada ano, organiza a Coordinadora dos Equipos de Normalización da Lingua Galega dos institutos e colexios públicos de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello.
Os alumnos e alumna premiados son:
ROI VARELA BERNÁRDEZ (1º ESO A): 2º Premio na Categoría A de Narrativa
GONZALO VALIÑAS BAÑOS (2º ESO D): 2º Premio na Categoría A de Narrativa
PABLO BOLEAS FRANCISCO (3º ESO C): 1º Premio na Categoría B de Narrativa
NOEMIA VEIGA GONÇALVES (2º BAC A): 1º Premio na Categoría B de Poesía
Cómpre sinalar que, en realidade, Noemia presentara dúas composicións, “Altea” e “Sombras”, sendo ambas, respectivamente, a primeira e segunda poesías máis votadas polo xurado, pero dado que as bases do concurso impiden conceder ambos premios a unha mesma persoa, soamente lle foi adxudicado o primeiro deles.
Como xa sabedes, a entrega dos galardóns a todos os premiados realízase nun acto público que este ano terá lugar o Sábado 13 de Maio ás 18:00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Animádevos e asistide para aplaudir a rabiar aos vosos compañeiros! Pero, ademais, se o preferides, dende as 17:00 horas poderedes gozar das actuacións dos grupos musicais participantes neste “Ben Veñas Maio”.
Traballos dos alumnos do profesor SAMUEL SAETA
Neste enlace poderás escoitar as composicións dos alumnos e alumnas de Música
https://www.youtube.com/channel/UCZJV-Ufks8c7IkJFDAiEefA
Luns 30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz
30 DE XANEIRO DE 2017
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
(traballos realizados polo alumnado da materia de Relixión)
O día 30 de xaneiro, aniversario da morte do Mahatma Gandhi, conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Foi o profesor e inspector de ensino, Llorenç Vidal, quen fixo a proposta, no ano 1964, de crear unha xornada educativa de pacificación co fin de levar aos educandos, polo medio da reflexión persoal, ao descubrimento da mensaxe fundamental: "O amor é mellor que o odio, a non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra".
Contidos curso 2016_17
Os contidos de cada curso e materia do departamento de Matemáticas, pódense consultar premendo nos arquivos adxuntos.
Procedementos, criterios e instrumentos de avaliación. Curso 2016_17
Os procedementos, criterios e instrumentos de avaliación para o curso 2016/17 pódense consultar premendo no arquivo adxunto.
Memoria do Departamento de Orientación. Curso 2015/2016
A memoria do departamento de Orientación pódese consultar premendo no arquivo adxunto.
Programacións do departamento de Matemáticas
As programacións do departamento de Matemáticas pódense consultar premendo nos arquivos adxuntos
Programación do Equipo de Dinamización da Lingua Galega
As programacións do Equipo de Dinamización da Lingua Galega pódense consultar premendo nos arquivos adxuntos
Programacións do departamento de Bioloxía e Xeoloxía
As programacións do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía pódense consultar premendo nos arquivos adxuntos
BLOGUE DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN
Empregando o seguinte enlace pódese acceder ao Blogue do Equipo de Dinamización de Lingua Galega:
Matrícula en 2º de Bacharelato para o curso 2015-2016
A memoria das mulleres
II Certame de fotografía matemática - Premio popular
Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »