Skip to Content

Animación á lectura

Exposición de fungos e cogomelos

   

    Durante estes días, podedes contemplar unha exposición do mundo dos fungos e cogomelos na entrada do instituto.

    A exposición está organizada polos departamentos de ciencias da natureza, educación plástica e visual e polo equipo da biblioteca.

   Como podedes ver nas fotos, na exposición atoparedes variedade de exemplares que foron recopilados polos alumnos e carteis explicativos das variedades que elaboraron os profesores do departamento de ciencias da natureza.

Ademais, tamén poderedes ver debuxos feitos polos alumnos en clase de EPV con María Lanza. Por último, unha presentación de libros que preparou Ana Seco para explicar todas as nosas dúbidas sobre este fascinante mundo dos fungos e os seres que pobran as fragas.

V Xornadas de Bibliotecas Escolares

 

  Este fin de semana , 7 e 8 de novembro, celébranse en Santiago de Compostela as V Xornadas de Bibliotecas Escolares.

  Todos os interesados podedes consultar o programa das mesmas.

   Os materiais das xornadas xa están dispoñibles.

  En representacón da Biblioteca do Centro participará a profesora Ana Seco Orosa. Ver sitio.

Literaturizarte no Sofía

 

 Para continuar co traballo feito polos alumnos de EPV coas meninas e a reciclaxe que aínda podedes ver na exposición da entrada do centro, o equipo da biblioteca, capitaneado por Ana Seco, elaborou todo este itinerario lector sobre as meninas na literatura.

Podedes consultar  toda a información sobre as lecturas baseadas no famosísimo cadro de Velázquez. E se tedes aínda máis curiosidade, non dubidedes en acercarvos á biblioteca e preguntarnos como conseguir estas lecturas.

Club de lectura de alumnos. Temporada 14-15

O próximo martes, 14-10-14,  comenzarán as sesións do "Club de lectura de alumnos" correspondentes ó presente curso, seguindo o horario habitual.

Na Biblioteca do Centro dispós de máis información sobre o mesmo.

Club de lectura para adultos. Arrinca a nova temporada.

Bota a andar de novo o club de lectura para adultos do IES "Sofía Casanova".

Quedades convidados todos a esta segunda temporada, moi especialmente os que participaron o ano pasado e os pais dos novos alumnos.

O arranque da nova edición terá lugar o vindeiro martes 30 de setembro ás 18:15 na biblioteca do centro.

Visita á Cidade da Cultura

Dentro das actividades complementarias do Departamento de Debuxo e da Biblioteca do Centro, o alumnado de primeiro da ESO visitou dúas exposicións, "Gravado" e "Auga Doce", o pasado martes día 25.

En ambalasdúas recibiron explicacións didácticas  a cargo de profesionais expertos en cada unha das temáticas. 

MARCOS CALVEIRO na BIBLIOTECA IES SOFÍA CASANOVA.

 Luns, 17-2-2014, ás 11.20:

Obradoiro escritura/literatura: Rinocerontes e quimeras.

Club de lectura do Sofía: O pintor do sombreiro de malvas.

O próximo luns, 17 de febreiro, o escritor Marcos Calveiro visitará a Biblioteca do IES Sofía Casanova. Impartirá un taller de escritura creativa, "Rinocerontes e quimeras", e reunirase cos membros do Club de Lectura para comentar a súa obra O pintor do sombreiro de malvas (lectura da 1ª sesión do club, en novembro de 2013).

Maís información en : Biblioteca IES Sofía Casanova, http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/ e tamén ver o cartaz

O IES Sofia Casanova na prensa.

O Diario de Ferrol recolle nas súas páxinas a incorporación da Biblioteca do IES Sofía Casanova ó Plambe.

 Para máis información: Diario de Ferrol.

Distribuir contido


by Dr. Radut