Skip to Content

Animación á lectura

VIII Festa das tartas literarias na biblioteca

   

  O martes 19 foi a nosa súper festa das tartas literarias coa que tradicionalmente despedimos o curso na biblioteca. Esta vez éramos moitos e un pouco ruidosos de máis. Como nos xuntamos de todos os clubs: novela histórica, voluntariado, Manga, obradoiro de escritura e, máis, teatro.

Esperamos seguir así o ano que ven. Se queredes podedes ver no blog da biblioteca as opinións dos alumnos. Grazas a todos e vémonos no próximo curso.

Teatro do voluntariado en Geriatros

   

    O pasado venres 15 de xuño dentro do programa de voluntariado da biblioteca asistimos á representación que os compañeiros do Grupo de Teatro, que dirixe José Luis, fixeron na residencia de maiores Geriatros, da obra Polo interés quérote, Marqués. Os avós acolléronos con moito agarimo e riron co descaro e simpatía dos actores.
A todos queremos dar as grazas pola doazón do seu tempo e da súa arte.

   No blog da bibioteca podemos completar información.

Xuntanza do Conselleiro de Política Social cos Correspondentes Xuvenís do IES Sofía

   

     O venres 25 de maio, José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social, e Cecilia Vázquez Suárez, Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, visitaron o IES Sofía Casanova. A visita situouse no marco dun encontro cos Correspondentes Xuvenís do IES Sofía Casanova. A páxina da Xunta dá conta da visita  e achega información sobre o traballo realizado polos nosos Correspondentes.
    Na visita, os Correspondentes do Sofía estiveron acompañados por un grupo de voluntarios da biblioteca.

    Os correspondentes do Sofía pretenden:

Visita do club manga ó IES de Catabois

      O martes 22 entre ás 14’00 e as 16’30 fíxose o I Encontro dos Clubs Manga de Catabois e do Sofía Casanova. Do noso centro participaron 12 alumnos e catro profesores acompañantes. Podedes ampliar información no blog da biblioteca.

No IES Ferrol Vello

   

    Os Clubs do noso centro: o Club de Ciencia e o Club de Lectura uniron intereses para facer unha actividade conxunta. Estivemos no IES Concepción Arenal, onte no IES Ferrol Vello e o vindeiro día 22 imos ao IES de Catabois.

    Na visita de onte os rapaces de Ferrol Vello dividíronnos en grupos pequenos comandados polos voluntarios. Foron rotando nas distintas estancias: laboratorio, aula de tecnoloxía, biblioteca, aula de informática, etc. onde debíamos facer distintos experimentos. Tiveron o detalle de agasallarnos cunha medalla do seu instituto feita coa súper impresora en 3D.

    Quedamos que o vindeiro curso teñen que vir eles ao noso centro.

Voluntariado na biblioteca: charla sobre igualdade a cargo dos maiores de Geriatros.

   

   O venres, 9 de marzo, ás 16.00 h, o grupo de Voluntariado da Biblioteca recibiu a visita dos maiores da residencia Geriatros de Ferrol.
    Viñeron para coñecer o centro e dar unha charla sobre igualdade, baseada nas experiencias que a elas lles tocou vivir. Asistiron despois ao ensaio do grupo de teatro, e quedaron en volver á estrea, o día 29 de maio. Con este suman tres os encontros entre o grupo de voluntarios e os maiores de Geriatros.
    Para máis información, vid. esta entrada do blog da Biblioteca e as fotos do encontro.

    La Voz de Galicia, na sua edición para Ferrol, recolle a iniciativa.

Día escolar da non violencia e a paz, 30 de xaneiro

         O día 30 de xaneiro conmemorouse o día escolar da non violencia e a paz. Ademais das actividades das titorías, o EDL do instituto elaborou unha serie de actividades encamiñadas a concienciar ao alumnado. Así mesmo, dentro do programa de voluntariado da Xunta “Bibliotecas Escolares Solidarias” no que está inmersa a Biblioteca do Sofía, celebrouse este día cunha nova visita á residencia Abrente; para saber o que alí se viviu, podedes visitar a entrada do blog da Biblioteca: “Celebrando o día da paz cos nosos maiores”.

Visita a ancianos dos voluntarios da biblioteca

   

    Onte tivemos unha preciosa experiencia visitando aos nosos maiores dentro do programa de "Bibliotecas Escolares Solidarias" no que o noso voluntariado da biblioteca participa nunha experiencia de Aprendizaxe-Servizo. Comezamos unha colaboración coa Residencia de Maiores Geriatros de Ferrol. Estarédesvos preguntando que é isto de Aprendizaxe-Servizo.

     É unha modalidade de aprendizaxe no que o alumnado identifica na súa contorna unha necesidade ou situación en cuxa mellora se compromete, desenvolvendo un proxecto solidario no que pon en xogo coñecementos, habilidades, actitudes e valores.

Distribuir contido


by Dr. Radut