Skip to Content

Animación á lectura

Roma no Club de Lectura

 

    Na última sesión do Club de Lectura amenizamos a presentación da novela "El chico de la Flecha" de Espido Freire cunha celebración dunha festa romana.

    Decoramos a biblioteca con ambientación da época. Tivemos unha mesa adicada a Roma e outra ao mundo castrexo. Os rapaces disfrazáronse de personaxes. Houbo un lexionario, un mozo romano, varias damas patricias e outras castrexas.

    A continuación, xa tivo lugar a sesión da forma ordinaria. Ademáis de fomentar o gusto pola lectura queremos axudar a profundizar nos coñecementos da forma de vida de cada unha das etapas da historia

Club de lectura de alumnos 2017-2018

 

     "Como cada curso, o Club de Lectura Xuvenil retoma a súa actividade. Este ano coa novidade dunha sección especializada na banda deseñada Manga.

    Esperamos contar con moitos de vós. Vémonos o vindeiro martes día 10 as 16 horas na biblioteca."

  Blog da biblioteca

Lecturas. Tríptico de verán.

   

    Dende a biblioteca desexamos que teñades un feliz verán e que aproveitedes para ler moito.

    O equipo da biblioteca elaborou un tríptico con suxestións de lectura para todos os públicos.

    Podedes velo aquí.

Actividade Clubs de Lectura

 

     O pasado sábado, un grupo de 13 alumnos (Carlos, Sara, Daniela, David, Deva, Ariadna, Iago, María del Pilar, Javi, Alex, Sabela, Roberto e Ana), acompañados de Emilio e Pilar, participamos na X Xornada de Clubs de Lectura en Santiago. Esta reunión acolleu a moitos rapaces de Clubs de Lectura de toda Galicia nunha xornada chéa de calor, de obradoiros e de libros, moitos libros.

II encontro clubs de lectura IES Concepción Arenal - IES Sofía Casanova

   

    Hoxe, no salón de actos do Sofía, celebrouse o II ENCONTRO DOS CLUBS DE LECTURA do IES Concepción Arenal e o IES Sofía Casanova. Este ano léronse textos de Poe, Rubén Darío, Antonio Machado, Cabanillas, García Márquez e Carlos Casares (celebrando distintas efemérides).

    Rematou esta celebración cun xantar na biblioteca ao que asistiron os dous clubs de lectura, onde disfrutaron dunha deliciosa tarta literaria.

    Para despedir os seus seis anos no club, Diego Pereda (2º Bac.), fixo un resumo das súas experiencias.

Aprendendo de Ángel Carracedo

   

    Co gallo do "Mes da ciencia en Galego" nas bibliotecas escolares, Anxo Carracedo, catedrático de medicina legal e coordinador do grupo de medicina xenómica da USC, impartiu unha charla no teatro Jofre que levou por título "CSI Galicia: xenómica forense" o martes 29 de novembro.

     O alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato do noso centro, acompañado polos seus profesores, acudiu á conferencia, xunto con moitos outros alumnos de centros educativos de Ferrolterra.

    Todos quedamos seducidos coas súas explicacións sobre xenética forense e cautivados pola sinxeleza con que amosou como, a partir do noso ADN, se poden obter datos no ámbito da investigación criminal.

Tempo de Samaín no Sofía Casanova

 

   Os alumnos de relixión de 1º de ESO do instituto, coa axuda do seu profesor, estiveron a traballar no costume, tan arraigado entre nós, de honrar os nosos defuntos así como as semellanzas e diferenzas entre a nosa celebración e as que se fan en outros países, Irlanda ou os EUA por exemplo.

    O resultado é a instalación que podedes ver estes días na entrada do noso centro e á que se sumaron as iniciativas de lectura propostas polo equipo da biblioteca e de normalización lingüística.

Club de lectura de alumnos 2016-2017

   O día 11 de outubro, ás 14:15, comenza a nova edición do club de lectura.
Distribuir contido


by Dr. Radut