Skip to Content

Animación á lectura

Itinerarios lectores no Sofía Casanova

   Os itinerarios lectores son os libros que os departamentos didácticos non queren que se perdan os alumnos.
    Entrando en itinerarios lectores encóntrase unha selección de lecturas -tamén hai películas- pensada polos distintos departamentos para os alumnos.

Pepe Carreiro no Sofía Casanova

  

 

    O mércores, 11 de maio PEPE CARREIRO estará no Sofía. 

   O pai dos Bolechas e dos Barbanzóns  estará cos alumnos de 1º ESO  dentro do conxunto de actividades do "Mes das Letras no Sofía" (18 abril-18 maio).  

              Máis información no blog da biblioteca.

 

O xornalista Miguel Ángel Aguilar no Sofía Casanova

   

    Miguel Ángel Aguilar recibirá o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en Ferrol o día 3 de maio (Día Mundial da Liberdade de Prensa).

    Ese mesmo día estará no Sofía e conversará cos alumnos sobre a súa experiencia como comunicador.
    Esta actividade está organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia  e inscríbese dentro do proxecto ‘Xornalismo na Escola’, consistente en impartir talleres en centros de secundaria para alumnado de 3º ou 4º da ESO.

    Máis información no blog da biblioteca.

Investigación e tratamento da información no IES Sofía Casanova

   

    A materia optativa "Investigación e tratamento da información", impartida en 1º ESO B, C e D, estivo presente nunha mesa redonda dos Encontros PLAMBE 2015-2016

    O pasado 8 de abril, no Palacio de Congresos de Santiago, ás 16.15 horas houbo 6 sesións simultáneas. Na número 6, que trataba da optativa de libre configuración "Investigación e tratamento da información" estaba presente o noso instituto e dous CEIP (Malpica e Moaña).
    Pode terse máis información visitando o blog da biblioteca.

O Club de Lectura do Sofía Casanova recita poemas en San Valentín

 

     Nos anos 50 do século pasado, no Concepción Arenal, estudaban xuntos  os rapaces e rapazas da comarca. Alguén, hai xa moitos anos, alá polo 1963, decidiu separalos: os rapaces a un lado, as rapazas a outro. Eles quedaron nese instituto, que pasou a coñecerse como o Masculino; elas foron apartadas, dando orixe ao Feminino, actual IES Sofía Casanova. Unha "tráxica separación" que, de seguro, conlevaría algún que outro "corazón roto".

  Pois ben, agora, máis de 50 anos despois, chegou o momento de volver. E que mellor forma de facelo que un encontro dos clubs de lectura do Concepción Arenal e do Sofía Casanova cantando ao amor?

   Invitados polo Club de Lectura do Masculino, organizador desta actividade, o Sofía regresará á súa orixe o día 15. Estaremos xuntos de novo, como hai máis de 50 anos, para recitar poemas.

    Máis información.

Conferencia de Carlos López Ardao

 

    O próximo xoves, día 4, de 16.00 a 20.00 h, terá lugar neste centro unha conferencia dentro do Seminario Biblioteca do IES Sofía Casanova baixo o título: "Alfabetizacións múiltiples, apps educativas e traballo por proxectos".

            Ó longo da mesma trataranse asuntos como:

  - O Libro dixital na educación
  - O proxecto E-DIXGAL.
  - Ferramentas para creación de contidos educativos:
            A plataforma EDIXGAL.
            Ferramentas xenéricas: Ardora, Exe, Edilim
            Ferramentas na nube: Popplet, Prezi, Genially
            Formatos: SCORM, HTML (páginas, código incrsutado), ePub
   - Introducción á metodoloxía de aprendizaxe en rede.

    A disertación estará a cargo de  Carlos López Ardao, do departamento de Enxeñería Telemática da Universidade de Vigo.

            Leer mais.

Experiencias alfin na biblioteca do IES Sofía Casanova.

   

     Desde a biblioteca do IES Sofía Casanova deseñáronse unha serie de experiencias/actividades entre o 2013 e o 2015 que son o resultado dun proceso de alfabetización (entendido en sentido amplo) en tres fases: formación do alumnado, formación do profesorado e resultados (experiencias ALFIN).

    A revista Galega do Ensino. EDUGA, publica un artigo no que se relata esta experiencia.

    Este traballo tamén está reflectido no blog da biblioteca.

 

Nadal solidario no Sofía

 

Nadal solidario no Sofía

O IES Sofía Casanova deséxalle un feliz nadal a toda a comunidade educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut