Skip to Content

Animación á lectura

Itinerario das letras galegas

   

Os alumnos de 2º de ESO, acompañados polas súas profesoras de Lingua e Literatura Galega, realizaron o xoves 21 de maio un itinerario por Cambados e Pontevedra para conmemorar o día das letras galegas adicado a Filgueira Valverde.

Se queres ver o itinerario, visita a páxina da biblioteca.

Encontro con Xavier Alcalá

 

      O martes 12 de maio, tivemos no noso centro a visita do profesor e escritor Xavier Alcalá, quen disertou nunha amena charla para os nosos alumnos acerca da importancia da curiosidade intelectual, a cultura e as redes de comunicación.

 

Se queres saber máis, visita o blog da biblioteca

O ilustrador Xosé Tomás visita a nosa biblioteca

   

   O martes 28 de abril, o ilustrador e profesor Xosé Tomás, visitou o noso centro para impartir un obradoiro sobre banda deseñada para os alumnos do club de lectura e mais os de EPV.

    Se queres saber máis desta visita visita o blog da nosa biblioteca.

Eduardo Hermida no Sofía

   

    O luns 16 de marzo, Eduardo Hermida,promotor do itinerario “As Meninas de Canido”, movemento artístico reivindicativo que quere chamar a atención sobre o abandono dese barrio ferrolán, visitou a nosa Biblioteca.

    Con el vimos o vídeo que nos recordou como Canido pasou de ser “a horta de Ferrol” a ser un barrio en estado de abandono. Ante a tristeza e o deterioro que o rodeaba, no verán de 2008 Eduardo Hermida decidiu sacar a cor do seu estudo para encher de meninas as paredes das casas abandonadas.             Ver video.

Se queres saber máis entra no blog da biblioteca.

Nova sesión do club de lectura xuvenil

   

    O martes 10, os alumnos do club de lectura xuvenil, acompañados polas profesoras Pilar Berrio e Ana Seco, tiveron unha xuntanza para facer unha posta en común da lectura de Nómades.

Pero iso non foi todo. A sesión deu para moito máis.

Se queres saber máis, visita o blog da biblioteca.

O club de lectura e o día da paz

 

    O pasado martes 10 de febreiro, os alumnos participantes no club de lectura, capitaneados por Pilar Berrio, estiveron a comentar a lectura de O diario de Anna Frank.  A presentación da actividade correu a cargo de Alicia e de Candela de 1º de bacharelato.

    A actividade inscribiuse dentro dos actos de celebración da xornada da paz e non violencia.

    Se queredes saber máis, non deixedes de visitar o blog da biblioteca

Club de lectura de adultos

 

    Despois do descanso de Nadal, este martes 27 tivemos unha nova xuntanza do club de lectura de adultos. A sesión estivo adicada á nova novela de Javier Marías Así empieza lo malo. Plantexáronse interesantes observacións acerca da dúbida, do perdón e da memoria histórica.

     Na próxima sesión, que terá lugar na biblioteca do noso centro o derradeiro martes de febreiro, comentaremos o libro Conacho ,do noso compañeiro Guillermo Ferrández.

     Lembrade que se formades ou formastes parte da nosa comunidade educativa, estás invitado a participar no noso club. Achegádevos o noso centro e preguntádelle a algún dos membros da biblioteca escolar.

Esperámosvos.                                                                   Visita o blog do club

A biblioteca e a ciencia en galego

   

     O venres 28 de novembro estivo con nós na Biblioteca Xoán R. Silvar no marco das actividades realizadas neste “Novembro, mes da ciencia en galego”.

    Despois de máis de trinta anos no Sofía dando clase a varias xeracións, Silvar volveu para falar aos alumnos de 2º ESO de “Lingua(s) e ciencia”. A ciencia, os tipos de ciencia, a linguaxe científica, as linguas da ciencia, a investigación da musicóloga suíza Dorothé Schubarth en colaboración con Antón Santamarina  ler máis

Distribuir contido


by Dr. Radut