Skip to Content

Orientación

A visita ao Campus de Esteiro na prensa local

   O Diario de Ferrol na súa edición do 30 de marzo e La voz de Galicia, na súa edición do 2 de abril recollen a visita dos alumnos de 4º ESO ao Campus de Esteiro.

Os alumnos de 4º ESO visitaron o Campus de Esteiro

         O venres, 29 de marzo, os alumnos de 4º ESO visitaron o Campus de Esteiro. Foron recibidos no salón de actos, onde se lles fixo unha breve presentación do SAPE. Visitaron logo a Facultade de Humanidades e Documentación, a Escola Universitaria de Deseño Industrial e a Facultade de Enfermería e Podoloxía; pararon a repoñer forzas no "chococamp" e remataron na Facultade de Ciencias do Traballo.

Charla acoso escolar

         O martes 13, unha inspectora do corpo de Polícía Nacional veu ao instituto para dar unha charla sobre acoso escolar dirixida ao alumnado de 1º e 2º ESO. Inclúese esta charla no marco de Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2018/2019.

Seguridade en Internet

   

     Os días 29 e 30 de outubro, ao salón de actos do instituto, acudiron especialistas no tema da seguridade en Internet para dar ao alumnado unhas charlas. O depto. de Orientación organizou a sesión “Identidade segura” para 4º ESO e a sesión “Compras seguras na rede” para 1º bacharelato; foron impartidas estas dúas sesións no marco do programa “Jóvenes Seguros en la Red” da Asociación Participa, coa colaboración de Santander Consumer Finance.

    Ao día seguinte, as charlas sobre seguridade e internet destináronse ao alumnado de 1º e 2º de ESO; incríbense estas charlas dentro do plan Navega con Rumbo do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia.

Calendario ABAU. Setembro 2018.

                     
  luns martes mércores xoves venres sábado domingo      
se           1 2      

tem

3 4 5 6 7 8 9    

 Calendario en pdf

 bro

10 11 12 13 14 15 16      

 

17
18 19 20 21 22 23      
  24 25 26 27 28 29 30

 

   
  1 2 3  4 5
6
7

0utubro

   

Probas de Avaliación do Bacharelato e Acceso á Universidade. ABAU xuño 2018

m                    
a luns martes mércores xoves venres sábado domingo      
i 21 22 23 24 25 26 27      Matrícula no centro en pdf.
o 28 29 30 31 1 2 3

x

 

 

  4 5
6 7 8 9 10

u

   Todo, en pdf
  11 12 13 14 15 16 17

ñ

   
  18 19 20 21 22 23 24

o

   
  25 26 27 28 29
30  1       
xullo 2 3 4 5 6 7 8      

Charla formativa sobre a Armada Española

   

    O sarxento primeiro Roberto Longueira Solano acudiu ao instituto para informar ao alumnado de 4º da ESO sobre a estrutura e funcionamento da Armada Española, e sobre os requisitos de acceso aos corpos e escalas que a conforman.

    A charla tivo unha duración dunha hora e celebrouse no salón de actos do noso instituto. Ao final da charla o alumnado tivo ocasión de plantexar as súas dúbidas.

Visita ó Campus de Ferrol

   

    " O Venres, día 13 de Abril, o alumnado de 4º curso da ESO (72 alumn@s) do IES "Sofía Casanova" participou na actividade de "Percorrido Xeral polo Campus de Ferrol", organizada polo SAPE e coordinada por Carmen Lorenzo, Xefa de Negociado de Acceso e atención ao estudante do Campus de Ferrol, e coa cal tivemos a oportunidade de coñecer parte do seu patrimonio histórico e arquitectónico.

O percorrido, comenzou ás 9:00 horas no Edificio do Salón de actos, onde Carmen fixo unha presentación do SAPE e iniciamos cunha foto de grupo unha grata xornada de excursión polo Campus, que parte da Escola Politécnica Superior, continúa coa visita á Facultade de Humanidades e Documentación, Escola Universitaria de Deseño Industrial e Facultade de Enfermaría e Podoloxía.

Distribuir contido


by Dr. Radut