Skip to Content

Portal Educación Xunta

Distribuir contido
Actualizado: hace 12 horas 8 min

Educación inviste un millón de euros en obras de rehabilitación integral e melloras nos CEIP Condesa de Fenosa e Julio Gurriarán Canalejas, no Barco de Valdeorras

Mar, 30/07/2019 - 11:29
Summary:  A conselleira Carmen Pomar visitou hoxe os centros para comprobar o desenvolvemento dos traballos Idioma Gallego

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá as obras que se están a desenvolver nos CEIP plurilingües Condesa de Fenosa e Julio Gurriarán, no Barco de Valdeorras, nos que se investirán un total de 1.044.411,26 euros.

No CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa estase a acometer unha rehabilitación integral que supón un investimento de 634.813,95 euros. Inclúe actuacións de eficiencia enerxética, cos illamentos da fachada con inxección na cámara de aire de perlas de poliestereno expandido e dos capialzados con placa ríxida de poliestireno extruído, e  coa colocación de illamento térmico de 10 cm. na cara superior do forxado do baixo cuberta.

Tamén se van substituír as ventás de folla simple por unha carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo. As ventás de dobre folla conservaranse cambiándolles a caixa de persiana por unha nova con persianas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano. As luminarias serán outro dos elementos renovados, con equipos de alta eficiencia enerxética e de regulación lumínica e detectores de presenza en corredores e aseos.

Así mesmo, instalaranse válvulas termostáticas con cabezal termostático electrónico en todos os radiadores existentes, de xeito que se permite o funcionamento da calefacción unicamente nos radiadores das estancias que demanden máis temperatura, e axustar diferentes temperaturas segundo o uso dos espazos.

A conselleira sinalou a relevancia destas medidas tanto para reducir os gastos de funcionamento do centro como desde o punto ambiental, xa que van supoñer un aforro do 27,60% no consumo de enerxía primaria non renovable e do 28,20% en emisións de CO2.

Por outra banda, as obras de reforma deste CEIP permitirán acometer diversas melloras a prol dun maior confort, tanto para o alumnado como para o profesorado e o persoal non docente. Trátase da colocación de estores na fachada este para mitigar a incidencia directa do sol e de mosquiteiras nas ventás dos comedores. Ademais, instalaranse falsos teitos acústicos de lá de roca en aulas, biblioteca e salón de actos, e falsos teitos con placas de xeso laminado nas zonas comúns.

Renovarase tamén o pavimento da cociña e colocarase pavimento vinílico en todas as dependencias e zonas de circulación, ademais de substituírse a carpintería interior, reformarse os aseos e pintar os paramentos, portas e radiadores segundo o Estudo cromática para centros de Educación Infantil e Primaria feito pola da Consellería en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

As obras do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa enmárcanse no programa de rehabilitación integral do Plan de dotación de infraestruturas educativas 2016-2021, que vén de ser ampliado coa recuperación dos fondos do superávit. Ao abeiro deste plan, este verán estanse a executar traballos en seis centros educativos ourensáns, nos concellos de Verín, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense e Maside. O conxunto destas actuacións representa un investimento de case 5 millóns de euros por parte da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na provincia.

CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas

Ademais das reformas integrais e de eficiencia enerxética, Educación está a acometer diversas melloras noutros centros educativos da provincia. É o caso do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas, que tamén visitou hoxe Carmen Pomar e no que se investirán 409.597,31 euros para pechar lateralmente a pista deportiva cuberta  e permitir así o seu uso os días de choiva.

Segundo puido comprobar a conselleira, comezouse a executar a substitución da cuberta con panel illante intermedio, así como un peche lateral de paneis prefabricados de formigón con illamento na parte inferior e paneis de policarbonato celular na parte superior que garantan a iluminación natural.

Instalaranse tamén aseos, vestiarios e un almacén, así como un espazo cuberto contiguo que permita o seu uso nos días de choiva como alternativa á pista de uso deportivo. Deste xeito, o centro disporá de infraestruturas coas mellores condicións de illamento e confort para impartir Educación Física.

Ademais, segundo anunciou Carmen Pomar na súa visita, a Consellería asinará un acordo co concello do Barco de Valdeorras para que clubs, asociacións e poboación en xeral desta localidade poidan utilizar as instalacións en horario non lectivo.

Audio: Construcións e mellorasEnsinanzas de réxime xeralConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Resolución do concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería

Mar, 30/07/2019 - 09:16
Idioma Gallego

Orde do 30 de xullo de 2019 pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.
 

Anuncio principal: Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes para cubrir prazas de persoal asesor nesta conselleríaTema: Comisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Listaxe provisional de admitidos e excluídos das axudas de apoio á etapa posdoutoral de 2019, modalidade A nas universidades do SUG, nos organismos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego

Mar, 30/07/2019 - 09:04
Idioma Gallego

En relación coas solicitudes da modalidade A das axudas para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocadas pola Orde do 28 de maio de 2019 (DOG número 111, do 13 de xuño), a Secretaría Xeral de Universidades e a GAIN, de acordo co artigo 9 da citada Orde, requiren as entidades solicitantes mediante este anuncio na páxina Web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (http://www.edu.xunta.es/) e na páxina da GAIN (http://gain.xunta.es/) para que nun prazo de dez días naturais (do 31 de xullo ao 9 de agosto de 2019, ambos os dous incluídos), formulen reclamacións para emendar erros ou falta de documentos das persoas interesadas ante a Secretaría Xeral de Universidades, no caso das solicitudes presentadas polas universidades do SUG, ou ante a dirección da GAIN nos demais casos, e achegarán a documentación oportuna.

Unha vez transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, considerarase que a entidade solicitante desiste da súa petición nos termos establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e logo da correspondente resolución arquivarase o seu expediente sen máis.
 

Anuncio principal: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2019Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Secretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica UniversitariaServizo de Planificación e Estruturación de InvestigaciónColectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Educación axusta as unidades dos centros educativos ás necesidades de escolarización do vindeiro curso

Lun, 29/07/2019 - 12:26
Summary: Tras a revisión dos datos definitivos de matrícula, o DOG publica hoxe a orde pola que se modifican as unidades dos centros de ensino públicos O departamento educativo mantén os mesmos criterios que nos últimos anos, que é deixar de ofertar aqueles centros que conten con cinco ou menos nenos matriculadosNestes momentos, e para atender a demanda de escolarización das zonas máis dinámicas desde o punto de vista demográfico, a Consellería ten programado -algúns xa en fase de obras- a construción de seis novos centros escolares que entrarán en funcionamento nos vindeiros anos Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de rematar a revisión da matrícula e das unidades e postos de traballo docentes dos centros escolares públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial para o vindeiro curso 2019/20, un proceso habitual que se leva a cabo todos os anos antes do inicio de cada curso co fin de adecuar a estrutura de cada centro educativo ao alumnado que ten matriculado.

Conforme aos datos definitivos de matrícula, o vindeiro curso escolar deixarán de prestar servizo educativo 6 escolas unitarias, debido ao baixo nivel de alumnado nestes centros. Cómpre sinalar que a Consellería mantén, un ano máis, o criterio de que haxa como mínimo seis alumnos matriculados.

Trátase, na provincia da Coruña, das EEI de Portocubelo (4 matrículas) e de O Viso (5 matrículas), ambas no concello de Carnota; da EEI O Seixo en Mugardos (5 matrículas) e o CEIP da Polveira en Trazo (4 matrïculas). Na provincia de Pontevedra deixarán de prestar servizo a EEI de Arcos de Furcos en Cuntis (3 matrículas) e a EEI de Zamáns en Vigo (5 matrículas). Estas escolas suman entre todas un total de 26 alumnos que, en todo caso, teñen asegurada unha praza escolar noutro centro educativo próximo.

Reorganización de unidades

Tamén cada ano, atendendo aos datos oficiais de matrícula, lévase a cabo un proceso de reorganización de unidades dentro dos propios centros educativos que leva consigo, ben a creación de novas unidades, ben a supresión doutras e o reagrupamento en función do incremento ou diminución de alumnado. Así mesmo, habilitáronse unidades (sen creación) para o suposto de desdobramentos de aulas cando existe un incremento puntual ou circunstancial do número de alumnos ou alumnas pero non hai perspectivas que garantan que esa situación se consolide nos vindeiros anos. Os datos globais das unidades por provincias son os que a seguir se detallan:

Provincia

Supresións

Creacións

Habilitacións

Totais

A Coruña

-20

+12

+5

-3

Lugo

-2

+8

-3

+3

Ourense

-5

+2

+4

1

Pontevedra

-40

+3

+2

-35

TOTAIS

-67

+25

+8

-34

Os datos concretos poden consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe (*).

Esta decisión da Consellería responde á obriga de realizar unha xestión eficiente dos recursos educativos sostidos con fondos públicos, adecuándoos tanto ás necesidades educativas de cada zona como á realidade social.

Centros de nova construción programados

Precisamente tendo en conta esas necesidades e para atender a demanda de escolarización en determinadas zonas de maior dinamismo demográfico, nestes momentos a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten programado a construción de seis novos centros escolares -ben xa en obras, ben en programación- que entrarán en servizo os vindeiros anos.

Trátase dos CEIP Novo Mesoiro (A Coruña), de Milladoiro (Ames), de Arteixo, de Vilalonga (Sanxenxo), de Pazos de Rei (Tui), e o novo Sagrado Corazón (Lugo), que absorben uns preto de 23 millóns de euros de investimento público, aos que hai que engadir outras 14 obras de ampliación noutros tantos centros xa existentes.

EscolarizaciónEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalSubdirección Xeral de CentrosProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Educación inviste preto de 671.000 euros na rehabilitación enerxética do CEIP Felipe de Castro, en Noia

Lun, 29/07/2019 - 11:32
Summary: A conselleira Carmen Pomar comprobou o desenvolvemento das obras, que se están desenvolvendo na época estival Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional está levando a cabo as obras de rehabilitación enerxética do CEIP Felipe de Castro, en Noia, que supoñen un investimento de preto de 671.000 euros por parte do Goberno Galego a través de Fondos FEDER.

A conselleira Carmen Pomar achegouse esta mañá ao centro para comprobar o desenvolvemento dos traballos, que están avanzando a bo ritmo durante o período estival.

Estas obras inclúen a substitución do actual material de cuberta do CEIP por outro de panel tipo sandwich de dobre chapa de aceiro galvanizado con illante intermedio e acabado lacado, especial na cara exterior; o illamento da fachada exterior mediante sistema SATE, e o illamento do teito da planta superior de separación co espazo baixo cuberta. Así mesmo tamén se substitúe a actual carpintería das ventás e portas exteriores por unha nova de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre vidro baixo emisivo, e as luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética de tecnoloxía led. Finalmente procederase á eliminación dos antigos armarios de obra que existían en algunhas aulas co fin de ganar superficie e mellorar a funcionalidade das mesmas, ao pulido e abrillantado do pavimento de terrazo, e á reparación e pintado de paramentos interiores segundo o estudo cromático realizado polo Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) para este tipo de obras.

A rehabilitación integral deste centro enmárcase no Plan de dotación de infraestruturas educativas 2016-2021 que contempla un total de 31 obras deste tipo (22 delas con cargo aos fondos de superávit) que se están levando a cabo en toda Galicia. En concreto, na provincia da Coruña, ademais desta de Noia, hai outras sete noutros tantos concellos.

 

Audio: Construcións e mellorasEducación infantilEducación primariaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalCentros
Categorías: Novas Xunta

Convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2019/2020

Lun, 29/07/2019 - 07:02
Idioma Gallego

Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2019/20 (código de procedemento ED441B).

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2019.
     
File:  Orde do 15 de xullo de 2019 (DOG) Extracto da Orde do 15 de xullo de 2019 (DOG)Tema: BolsasEnsinanza: UniversidadeDepartamento: Servizo de Apoio e Orientación aos/ás Estudantes Universitarios/asSecretaría Xeral de UniversidadesSubdirección Xeral de Universidades Colectivo: Alumnado
Categorías: Novas Xunta

Modificación das unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial

Lun, 29/07/2019 - 06:58
Idioma Gallego

Orde do 15 de xullo de 2019 pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial.

File:  Orde do 15 de xullo de 2019 (DOG)Tema: Información xeralEscolarizaciónEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de CentrosColectivo: ProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Educación pon en marcha o “Club de Letras”, unha iniciativa para fomentar as competencias lingüísticas do alumnado

Dom, 28/07/2019 - 11:00
Summary: O prazo para solicitar a participación neste programa de innovación educativa está aberto ata o 30 de setembroPoderán implicarse un total de 30 centros educativosA temática principal do vindeiro curso será a igualdade entre mulleres e homes Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional porá en marcha o vindeiro curso o “Club de Letras”, unha iniciativa que nace co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas, tanto orais como escritas, do alumnado das etapas de Primaria, Secundaria e Bacharelato a través de distintas actividades que fomenten o debate, a reflexión e o pensamento crítico.

Os centros interesados dispoñen de prazo ata o 30 de setembro para acollerse a esta  convocatoria do programa de innovación educativa Club de Letras, co que se busca ofrecer oportunidades que fomenten un desenvolvemento integral do alumnado acorde ás necesidades da sociedade actual.

O Club de Letras defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Fundaméntanse, polo tanto, nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa, na que o alumnado adquire coñecemento mediante un método activo.

No caso da educación primaria, a iniciativa achegarase a estes eidos do coñecemento fundamentalmente a través da escritura creativa, a exploración e creación artística, a lectura reflexiva e fomentando, de ser posible, unha achega lúdica e dinámica. Na educación secundaria e bacharelato procurarase unha visión transversal e interrelacionada das manifestacións literarias e artísticas, abordar perspectivas filosóficas e/ou históricas, así como a potenciación da capacidade creativa e de lectura reflexiva, coa finalidade de fomentar competencias de comprensión e de pensamento crítico do mundo actual.

Toda a actividade que se realice partirá dunha temática concreta sobre a que se fomentará a reflexión, a lectura crítica e a achega a novos materiais e perspectivas de xeito transversal. Para o curso 2019/2020 a Consellería escolleu a igualdade, co fin de que as persoas participantes contribúan desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico a cuestións relacionadas coa visibilización das mulleres, do seu rol na sociedade ou representación das mulleres ao longo da historia.

Solicitudes

O departamento educativo da Xunta de Galicia destina un total de 30.000 euros a esta convocatoria. Cada centro recibirá unha achega económica de 1.000 €, polo que poderán participar en total 30 centros que impartan ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou bacharelato.

Os centros que desexen tomar parte do Club de Letras deberán presentar a solicitude correspondente e máis unha breve descrición do proxecto que se vai desenvolver no curso 2019/2020. O prazo de presentación de solicitudes e documentación rematará o 30 de setembro de 2019.

O club deberá estar formado por alumnos e docentes e un destes últimos actuará como coordinador. Cada centro educativo, dentro da súa autonomía, poderá desenvolver o Club de Letras de diversas maneiras: fóra do horario lectivo do alumnado, dentro das materias correspondentes de forma transversal ou a través de obradoiros. En calquera caso, o tempo dedicado a esta actividade deberá chegar a, polo menos, unha media de catro horas ao mes.

Plans e actuacións en innovación educativa Educación primariaEducación secundaria obrigatoriaBacharelatoConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalProfesoradoAlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Publicación da Resolución provisional de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2019/2020

Ven, 26/07/2019 - 16:13
Idioma GallegoAnuncio principal: Adxudicación de destino provisional para o curso académico 2019/2020, entre o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, ..., que non teñan destino definitivo ou que sexan desprazados por falta de horario, reingresados,interinos,substitutos...

De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 21 de xuño de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 120, do 26 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal do corpo de mestres para o curso académico 2019/2020.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 29 e o 30 de xullo, ambos incluídos. As reclamacións ou renuncias formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). De formular a reclamación ou a renuncia de xeito presencial a persoa que a realice presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

 

Servizo relacionado: CADPTema: Destinos provisionais e outros concursosEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasColectivo: ProfesoradoCentros
Categorías: Novas Xunta

Resolución definitiva de admitidos e excluídos de comisións de servizos por conciliación da vida familiar e laboral de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e de de relixión para o curso 2019/2020

Ven, 26/07/2019 - 16:12
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2019)

Publícase a Resolución definitiva de admitidos e excluídos das comisións de servizos en atención á situación de conciliación da vida familiar e laboral de mestres. do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2019/2020.

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición no prazo indicado na convocatoria.

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosSubdirección Xeral de Recursos HumanosServizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Resolución definitiva de admitidos e excluídos de comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2019/2020

Ven, 26/07/2019 - 16:03
Idioma GallegoAnuncio principal: Comisións de servizos por motivos de saúde (2019)

Publícase a Resolución definitiva de admitidos e de excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2019/2020.

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

 

Servizo relacionado: CADPTema: Comisións de servizoEnsinanza: Ensinanzas de réxime xeralEnsinanzas de réxime especialEducación das persoas adultasDepartamento: Subdirección Xeral de Recursos HumanosServizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaServizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo: Profesorado
Categorías: Novas Xunta

Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Ven, 26/07/2019 - 13:41
Idioma Gallego

O prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes será desde as 9:00 horas do día 29 ata as 13:00 horas do día 31 de xullo de 2019. Abrirase un novo período de matriculación tras a publicación da 1ª adxudicación extraordinaria.

 - Máis información

Tema: EscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta

Un total de 80 novos centros incorpóranse o vindeiro curso ao proxecto de libro dixital E-Dixgal

Ven, 26/07/2019 - 11:56
Summary: Galicia, pioneira no Estado na incorporación do seu alumnado á educación dixital, pasou en cinco anos de 84 a 347 centros participantes, e de 2.300 alumnos a 27.000Con este proxecto de educación dixital o alumnado accede aos contidos de balde Idioma Gallego

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución definitiva da convocatoria para a selección de centros que se incorporan ao proxecto de educación dixital no curso 2019/20, segundo a que se sumarán a este programa un total de 80 centros.

O proxecto E-Dixgal, impulsado pola Consellería e a Amtega, púxose en marcha no curso 2014/2015 cun total de 84 centros educativos e 2.300 alumnas e alumnos na etapa de educación primaria. Coas novas incorporacións, o E-Dixgal chegará o vindeiro curso a 347 centros de ensino e a 27.000 alumnas e alumnos.

Cómpre lembrar que a iniciativa vai dirixida aos centros educativos galegos sostidos con fondos públicos que impartan o próximo curso ensinanzas de 5º e 6º de primaria e de 1º e 2º da ESO e que conten con aulas dixitalizadas (con EDI, proxector, equipo no posto do docente e conexión á rede de datos do centro).

Os centros de primaria que se incorporen impartirán a totalidade das materias en modalidade dixital; mentres que os de secundaria farano en polo menos 6 materias. Ademais, deberán asumir o compromiso de implantar esta modalidade no curso 2019/20 en 5º de educación primaria e/ou 1º da ESO, e de estendela a 6º de primaria e/ou 2º da ESO no 2020/21, mantendo nos cursos seguintes o proxecto educativo dixital neste niveis.

Os centros adscritos a este proxecto disporán da conexión á rede axeitada e cos medios tecnolóxicos necesarios na aula, así como para o profesorado e alumnado (cun PC á súa disposición que poden usar tanto en modo portátil como en modo tableta); e terán acceso a unha contorna virtual de aprendizaxe cos contidos gratuítos proporcionados pola Xunta. Así mesmo, terán acceso aos máis de 3.400 recursos do repositorio de contidos do espazoAbalar. Se o centro conta con libros e outros materiais didácticos poderán empregarse como complemento ou apoio. Ademais, desde o curso pasado, tanto alumnado, como familias e profesorado usuario do proxecto E-Dixgal, teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

A relación de centros que se suman ao proxecto pódese consultar no portal educativo e nos seguintes cadros :

Centros que incorporan o proxecto na etapa de Primaria:

Centro

Provincia

Concello

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

A Coruña

A Coruña

CEIP Alborada

A Coruña

A Coruña

CEIP Salgado Torres

A Coruña

A Coruña

CEP Plurilingüe de Ventín

A Coruña

Ames

CEIP de Barouta

A Coruña

Ames

CEIP Plurilingüe A Magdalena

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez

CEIP Santa María do Castro

A Coruña

Boiro

CEIP Plurilingüe Eladia Mariño

A Coruña

Cabanas

CEIP O Areal

A Coruña

Camariñas

CEIP Vicente Otero Valcárcel

A Coruña

Carral

CEIP Vila de Rutis

A Coruña

Culleredo

CEIP Plurilingüe Os Casais

A Coruña

Fene

CEIP Unión Mugardesa

A Coruña

Mugardos

CPI do Feal

A Coruña

Narón

CEIP San Isidro

A Coruña

Neda

CEIP Plurilingüe da Rabadeira

A Coruña

Oleiros

CEIP Luís Seoane

A Coruña

Oleiros

CEIP Isidro Parga Pondal

A Coruña

Oleiros

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

A Coruña

Oroso

CEP Xosé María Brea Segade

A Coruña

Rianxo

CEIP Heroínas de Sálvora

A Coruña

Ribeira

CEIP Plurilingüe de Artes

A Coruña

Ribeira

CEIP Plurilingüe de Palmeira

A Coruña

Ribeira

CEIP Plurilingüe O Grupo

A Coruña

Ribeira

CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Plurilingüe Santa María

Lugo

A Fonsagrada

CEIP de Bretoña

Lugo

A Pastoriza

CEIP San Miguel de Reinante Barreiros

Lugo

Barreiros

CEIP Veleiro Docampo

Lugo

Castro de Rei

CEIP O Cantel

Lugo

Foz

CEIP Illa Verde

Lugo

Lugo

CEIP Álvaro Cunqueiro Mora

Lugo

Mondoñedo

CEIP Plurilingüe Monte Baliño

Lugo

Pantón

CEIP Terra Cha

Lugo

Vilalba

CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán

Lugo

Xove

CEIP Manuel Respino

Ourense

A Rúa

CEIP do Xurés

Ourense

Lobios

CEIP Mestre Vide

Ourense

Ourense

CEIP Saco e Arce

Ourense

Toén

CEIP Pedro Antonio Cerviño

Pontevedra

Campo Lameiro

CEIP San Xoan Bautista

Pontevedra

Cerdedo

CEIP Chano Piñeiro

Pontevedra

Gondomar

CEIP Serra Vincios

Pontevedra

Gondomar

CEIP da Armenteira

Pontevedra

Meis

CEIP A Guía

Pontevedra

Moaña

CPI de Mondariz

Pontevedra

Mondariz

CEIP Plurilingüe de Conmeniño

Pontevedra

O Grove

CEIP Xosé Fernández López

Pontevedra

O Porriño

CEIP Plurilingüe de Atios

Pontevedra

O Porriño

CEP Campolongo

Pontevedra

Pontevedra

CEIP de Reboreda

Pontevedra

Redondela

CEIP de Cedeira

Pontevedra

Redondela

CEIP de Leirado

Pontevedra

Salvaterra de Miño

CEIP Pintor Antonio Fernández

Pontevedra

Tomiño

CEIP Virxe do Rocío

Pontevedra

Vigo

CEIP Santa Mariña

Pontevedra

Vigo

CEIP Valle Inclán

Pontevedra

Vigo

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe Atalaya - Cantabria

Pontevedra

Vigo

CEIP de Rubiáns

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CEIP San Roque de Corón

Pontevedra

Vilanova de Arousa

CEIP de Viñagrande Deiro

Pontevedra

Vilanova de Arousa

CEIP Xulio Camba

Pontevedra

Vilanova de Arousa

 

Centros que incorporan o proxecto na etapa de Secundaria:

Centro

Provincia

Concello

CPR Plurilingüe Compañía de María

A Coruña

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe Cristo Rey

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. Del Carmen

Xa era E-Dixgal en Primaria)

A Coruña

Betanzos

IES Alfredo Brañas

A Coruña

Carballo

IES Fin do Camiño

A Coruña

Fisterra

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

A Coruña

Oleiros

IES Rego de Trabe

A Coruña

Culleredo

IES Illa de Sarón

Lugo

Xove

CPR Plurilingüe Santa María

Ourense

Ourense

CPR Plurilingüe Nuestra Señora de Lourdes

(Xa era E-Dixgal en Primaria)

Pontevedra

A Estrada

IES As Barxas

Pontevedra

Moaña

IES de Soutomaior

Pontevedra

Soutomaior

IES do Barral

Pontevedra

Ponteareas

IES Luís Seoane

Pontevedra

Pontevedra

IES República Oriental do Uruguai

Pontevedra

Vigo

IES San Paio

Pontevedra

Tui

 

Centros que incorporan o proxecto en Educación Primaria e en Educación Secundaria

Centro

Provincia

Concello

CPI A Xunqueira

A Coruña

Fene

CPR Plurilingüe Valle Inclán I

A Coruña

Ferrol

CPI Aurelio Marcelino Rey garcía

Pontevedra

Cuntis

 

Formación do profesorado

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional consciente de que todo cambio metodolóxico precisa da actualización das competencias docentes está a realizar un gran esforzo na formación do profesorado que participa neste proxecto.

Todo o profesorado dos centros educativos que acceden a E-Dixgal no curso 2019/20 terán formación específica no propio centro que se articulará a través dos Plans de Formación Permanente do Profesorado, para o que recibirán o asesoramento da Rede de Formación do Profesorado. Ademais, realizarase formación específica nos Centros de Formación e Recursos (CFR) e no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) específica para o profesorado participante e coordinador no programa E-Dixgal.

En concreto, durante o curso 2018/19 realizáronse un total de 54 actividades de formación nos CFR e no CAFI á marxe da formación específica nos propios centros educativos, o que supón máis de 700 horas de formación, e emitíronse máis de 1.100 certificacións.

AbalarEducación primariaEducación secundaria obrigatoriaConsellería de Educación, Universidade e Formación ProfesionalDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaProfesoradoAlumnadoFamiliasCentros
Categorías: Novas Xunta

Admisión a ciclos formativos de formación profesional. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2019/2020

Ven, 26/07/2019 - 08:55
Idioma Gallego

Publicación das listaxes de persoas admitidas aos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde as 9:00 horas do venres 26 de xullo ata as 13:00 horas do mércores 31 de xullo de 2019.

Tema: Información xeralEscolarizaciónEnsinanza: Formación Profesional inicialDepartamento: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Formación ProfesionalServizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo: AlumnadoCentros
Categorías: Novas Xunta


by Dr. Radut