Novas da Consellería de Educación
Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024
Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2024 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional durante o curso escolar 2023/24.
Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederanse, para cada categoría, catro premios:
Categorías
Premio
Importe
A
1º premio
5.000€
2º premio
2.500€
3º premio
1.000€
Mención de honra
500 €
B
1º premio
5.000€
2º premio
2.500€
3º premio
1.000€
Mención de honra
500 €
Os centros premiados co primeiro premio recibirán ademais o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.
O prazo de presentación das solicitudes será contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ata o 30 de setembro de 2024 (incluído).
File:
Resolución do 12 de xuño de 2024Tema:
Atención á diversidade Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Atención á diversidade e orientación Boletín Portada de boletínListaxes definitivas de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023-2024
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2023/24Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado CentrosResolución definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2024
Tal e como se recolle no Artigo 15.3. da Orde do 30 de xaneiro de 2024, faise pública a Resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2024. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e exporase no portal educativo da Consellería na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/piale/.
Anuncio principal:
Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2024Servizo relacionado:
PIALETema:
Programas e plans PIALEEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
ProfesoradoSección:
Linguas estranxeirasSelección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado
Resolución provisional da selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2024/2025.
Anuncio principal:
Selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnadoTema:
Lingua estranxeira Programas e plans Programas europeos e internacionaisEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasConvocatoria do programa Educación Responsable para o curso 2024/25
Resolución do 12 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial e ciclos de formación profesional dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para incorporarse ao programa Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, para o curso 2024/25.
File:
Resolución do 12 de xuño de 2024 AnexosTema:
Programas e plansEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínListaxe provisional de persoas admitidas e excluídas que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais
Anuncio principal:
Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoResolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario
Xúntase a Resolución do 11 de xuño da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserta e publica a relación daquelas que se exclúen provisionalmente do proceso de integración no corpo de profesores de ensino secundario convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.
O persoal interesado, que figura no anexo da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "alegacións" integrado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre o día 13 ata o 26 de xuño de 2024, ambos incluídos.
Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
Anuncio principal:
Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de FP no corpo de PES convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023Tema:
OposiciónsEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoria Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoOrde do 11 de xuño de 2024 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2024-2025
Xúntase a Orde do 11 de xuño de 2024 pola que se actualiza a oferta de formación profesional do sistema educativo en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2024-2025.
File:
Resolución do 6 de xuño de 2024 (DOG) Orde do 11 de xuño de 2024Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos HumanosColectivo:
Profesorado Alumnado Familias CentrosPublicación da relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2024/25
Xúntase a Resolución do 11 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).
De conformidade co artigo 10 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 12 e o día 18 de xuño de 2024, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:
1.-Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.
IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.
Anuncio principal:
Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2024/25 (ED010A)Servizo relacionado:
CADPTema:
Programas e plans Comisións de servizoEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoPublicación das datas, horas e lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba dos procesos selectivos no concurso-oposición de corpos docentes non universitarios (ED001A)
Xúntase a Resolución do 10 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fan públicas as resolucións dos tribunais que xulgarán os procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) polas que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación das persoas aspirantes e a primeira proba.
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoPublicación da distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes nos procesos selectivos no concurso-oposición para ingreso a corpos docentes non universitarios, convocados mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024
Xúntase a Resolución do 10 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais das persoas aspirantes definitivamente admitidas nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoApertura do prazo para realizar as solicitudes de prestar servizos nunha ou en varias provincias así como en determinados concellos (só para o persoal interino con posto consolidado nas listas)
Os artigos 33 e 34 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais establece que o persoal docente ao que fai referencia o punto décimo quinto do Acordo do 20 de xuño de 1995, poderá optar durante os períodos máximo e mínimo previstos nel, por realizar substitucións nunha ou varias provincias (artigo 33) ou en concellos determinados (artigo 34).
a) Concellos:
A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.
A solicitude xunto coa documentación xustificativa deberá presentarse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2024, ambos incluídos, do seguinte xeito:
-Acceda á sede electrónica da Xunta de Galicia
-Prema no botón en cor laranxa “Tramitar en liña”
-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder. Prema no botón “Aceptar”
-Introduza o seu NIF e o seu contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital
-Neste intre xa pode cubrir a solicitude para a presentación electrónica da solicitude (código PR004A).
A continuación encha o formulario da solicitude tendo en conta os seguintes termos:
a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: SOLICITUDE DE PRESTAR SERVIZOS EN CONCELLOS PRIMARIA OU SECUNDARIA (segundo corresponda)
b) No campo DESTINATARIO debe elexir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Unha vez cuberta a solicitude prema no botón “Continuar”
-Neste paso debe anexar a seguinte documentación:
a) a solicitude de prestar servizos en concellos previamente cuberta na aplicación web substitutos https://www.edu.xunta.gal/substitutos/
b) a documentación xustificativa da solicitude de prestar servizos en concellos segundo a causa que se alegue.
Unha vez anexada a dita documentación, prema no botón “Continuar”
A seguir deberá asinar a solicitude xenérica e presentala no rexistro para o que se lle enviará o seu teléfono móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación ou no caso de certificado dixital deberá introducir a súa contrasinal
Por último, a sede electrónica informaralle que estará correctamente presentada a súa solicitude e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.
Lembre que é obrigatorio incluír na petición concellos en que se impartan materias ou áreas ou módulos profesionais atribuídos á especialidade correspondente e que esta opción será por todo o curso académico.
b) Provincias:
A solicitude debe formularse na páxina web https://www.edu.xunta.gal/substitutos/ para o que será preciso autenticarse mediante usuario e contrasinal de educación, Chave365 ou certificado electrónico.
A solicitude deberá formularse no prazo do 15 de xuño ao 15 de xullo de 2024, ambos incluídos e non será preciso a súa presentación en sede electrónica.
Lembre que será obrigatorio incluír provincia/s na/s que se imparta á especialidade correspondente e que a súa opción terá efectos durante todo o curso académico. No caso de que non efectúe opción enténdese que desexa prestar servizos en todas as provincias da Comunidade Autónoma.
Tema:
Interinidades e substituciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria para postos de dirección da Rede de CIFP de Galicia
Publicada no DOG a Orde do 4 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia.
Tema:
Directores/asEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
CentrosHabilitacións profesionais. Listaxe de cualificacións provisionais. Primeira convocatoria 2024
Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.
Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 19 de xuño de 2024.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoExames da 1ª convocatoria 2024 das probas para obtención de carnés e habilitacións profesionais
Publicación dos exames da primeira convocatoria 2024 das probas para obtención de carnés e habilitacións profesionais
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoListaxe definitiva de cualificacións da proba substitutiva do requisito de bacharelato para o acceso a ensinanzas artísticas superiores para o curso 2024/25
Anuncio principal:
Resolución do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosCualificacións definitivas das persoas inscritas na proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior. Curso 2024/25
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoAdmisión a FP. Curso 2024-2025
Publicación das instrucións xerais e dos calendarios do proceso de admisión ás ensinanzas de formación profesional para o curso 2024-2025.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoConvocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
- O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (prazo desde o día 10 ata o 21 de xuño).
File:
Resolución do 3 de xuño de 2024 (DOG) Orde do 27 de maio de 2024 Folla de autobaremación editable (anexo II)Tema:
Comisións de servizoDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria das axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, curso 2023/24
Xúntase a Orde do 29 de maio de 2024 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (códigos de procedemento ED314E e ED314D).
- O prazo de presentación de solicitudes é desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de xullo de 2024.
File:
Orde do 29 de maio de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 29 de maio de 2024 (DOG)Tema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
CentrosSección:
Boletín- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »