Novas da Consellería de Educación
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba de acceso nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño, Restauración e Arte Dramática
Xúntase as seguintes listaxes:
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Deseño
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Restauración
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba de acceso das ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática
Anuncio principal:
Resolución do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia curso 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosSección:
BoletínResolución da Convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023-2024
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolveron a convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.
Seleccionáronse os seguintes proxectos, ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024 e se establecen as bases reguladoras para realizalos:
- cinco proxectos aos que se lles recoñece a consideración de excelentes:
Proxecto
Centro
Concello
Provincia
Aquí tamén se fala
IES Rafael Dieste
A Coruña
A Coruña
Non só é lume
IES A Cachada
Boiro
A Coruña
Fai un trato co galego!
CEIP de Prácticas López Ferreiro
Santiago
A Coruña
A memoria das palabras
IES Fontem Albei
A Fonsagrada
Lugo
Abrazando a diversidade lingüística
CEIP Plurilingüe de Tenorio
Cerdedo-Cotobade
Pontevedra
Cada un destes cinco proxectos recibirá unha dotación económica de 2.000 € para o centro ou centros. O profesorado implicado activamente no seu desenvolvemento recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante, alén de apoio e asesoramento no seu desenvolvemento e a difusión a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
- dous proxectos aos que se lles concede unha Mención de Honra:
Son das flores, música para a transformación
CEIP Vicente Risco
Vigo
Pontevedra
PaliquéochoEU
CEE María Mariño
A Coruña
A Coruña
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento destes proxectos recibirá unha certificación de Accésit, ademais de apoio e asesoramento durante o seu desenvolvemento e a difusión das experiencias e dos materiais educativos producidos a través da rede e da páxina web da Secretaría Xeral da Lingua.
Anuncio principal:
Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüísticaTema:
Programas e plans Plans e actuacións en innovación educativaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Outras entidades Entidades autonómicasColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024
Xúntase a Resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024 publicada no DOG no día de hoxe.
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidadesColectivo:
AlumnadoSección:
BoletínPublicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2024/25
Xúntase a Resolución do 26 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).
De conformidade co artigo 11 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 27 de xuño de 2024 e o día de 26 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:
- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
-
Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.
IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.
- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.
Anuncio principal:
Apertura do prazo de solicitude de comisión de servizo en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral para o curso académico 2024/25 (ED010A)Tema:
Programas e plans Comisións de servizoEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocatoria de cursos Celga e cursos de linguaxe administrativa galega nas EOI para o curso 2024/25
Publicouse a Resolución do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega, que estará activo nos seguintes prazos establecidos para a presentación das solicitudes:
- Cursos do 1º cuadrimestre: do 1 ao 12 de xullo de 2024
- Cursos do 2º cuadrimestre: do 11 ao 22 de novembro de 2024
Máis información: Resolución do 18 de xuño de 2024
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínListaxes provisionais de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación e de persoas admitidas e excluídas na proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais
Xúntase a:
- Listaxe provisional de cualificacións da proba substitutiva do requisito de titulación para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior
- Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba específica de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de grao medio e grao superior
Anuncio principal:
Resolución do 10 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia 2024/25Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínResolución definitiva dos centros participantes no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado co de centros da Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) no curso 2024/25
Achégase resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.
Anuncio principal:
Selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnadoTema:
Lingua estranxeira Programas e plansEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado AlumnadoSección:
Boletín Linguas estranxeirasConvocatoria do programa educativo “VI CiberLiga 2024/25 modalidade preamateur"
Resolución do 24 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a “VI CiberLiga 2024/25 modalidade preamateur” dirixida a centros educativos de Galicia no curso 2024/25.
-
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir da publicación desta convocatoria no portal educativo.
File:
Resolución do 24 de xuño de 2024 Anexo ITema:
Programas e plansEnsinanza:
Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e ConvivenciaColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución definitiva de centros que se incorporan á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025
Xúntase a Resolución definitiva de centros que se incorporan á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024-2025.
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2024/2025Tema:
Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingüesEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletín Linguas estranxeirasResolución definitiva de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025
Xúntase a Resolución definitiva de centros que se incorporan ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025.
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2024/2025Tema:
Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingüesEnsinanza:
Educación infantilDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletín Linguas estranxeirasPublicación da relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2024/25
Xúntase a Resolución do 21 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B, (DOG nº 46, do 9 de marzo)
De conformidade co artigo 12 da Orde do do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 24 de xuño e o día 28 de xuño de 2024, ambos os dous incuídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:
- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
-
Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.
IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.
- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”.
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.
Anuncio principal:
Apertura do prazo de presentación de solicitudes de comisión de servizo en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2024/25 (ED010B)Tema:
Programas e plans Comisións de servizoEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínOrde pola que se modifica a Orde pola que se convocan as axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, curso 2023/24
Achégase a Orde do 18 de xuño de 2024, pola que se modifica a Orde pola que se convocan as axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro no curso 2023/24.
Anuncio principal:
Convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, curso 2023/24Tema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
CentrosSección:
BoletínAmpliación de prazo de solicitude do Plan Proxecta+ para o curso 2024/25
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa amplía o prazo para solicitar a participación no Plan Proxecta+ para o curso 2024/25 ata o venres, 27 de setembro, incluído.
Anuncio principal:
Resolución do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o Plan Proxecta+ e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos durante o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Plan ProxectaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Ordenación EducativaColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletín InnovaciónProbas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2024
Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
A partir do 24 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2023-2024).
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoRelación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2024/2025
Xúntase a Relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2024/2025
Ábrese un prazo de reclamacións e alegacións de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación ao enderezo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.gal
Acceso á aplicación informática do Programa de seccións bilingües
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2024/25Tema:
Bilingüismo Programas e plans Seccións bilingüesEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Linguas estranxeirasConvocadas prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED308A)
Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED308A) (DOG do 20 de xuño de 2024).
Prazo para presentar solicitudes:
- Período ordinario: do 21 de xuño ao 7 de agosto de 2024, ambos incluídos
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.vía electrónica (procedemento ED308A).
File:
Orde do 23 de maio de 2024 (DOG) Anexo I Anexo IITema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A)
Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A) (DOG do 20 de xuño).
Prazo para presentar solicitudes:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 21 de xuño ao 19 de xullo de 2024.
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 21 de xuño ao 2 de agosto de 2024.
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
File:
Orde do 23 de maio de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 23 de maio de 2024 (DOG) Anexo I Anexo IITema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución de concesión das Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024: publicación DOG 27 de xuño de 2024
Anuncio principal:
Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoResolución de concesión das Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral 2024: publicación DOG 27 de xuño de 2024
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidades Entidades autonómicasColectivo:
AlumnadoInformación importante para as persoas opositoras: restricións ao tráfico en Pontevedra o día 22/06/2024
Informamos que debido á realización de probas deportivas o sábado día 22 de xuño de 2024 pode haber restricións de tráfico no entorno da zona de A Xunqueira en Pontevedra.
O tramo da Avenida de Bos Aires comprendido entre a ponte dos Tirantes e Monte Porreiro pecharase ao tráfico desde as 9:00h do xoves 20 de xuño ata as 23:00h do domingo 23 de xuño.
Tema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
Profesorado- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »