Skip to Content

Dinamización Lingüística

Ruta literaria no Museo Provincial. 2019-20

Organizado polo equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega, o alumnado de 1º da ESO participou no primeiro trimestre des curso  na actividade: "Ruta literaria no Museo Provincial de Lugo"

Álbum: Normalización -> Ruta literaria no Museo Provincial de Lugo 2019-20

Día da Muller

Para conmemorar o Días da Muller realizáronse carteis nos que se amosaba a obra de mulleres gañadoras do Premio Nóbel da Paz.

 

Teatro: "LOGOS"

O alumnado de 4º de ESO asistiu á obra de teatro "LOGOS" que tivo lugar no auditorio Gustavo Freire.

Entrega de premios do concurso TARXETAS de NADAL

     
Alumnas de 1º de ESO C reciben os premios do concurso de tarxetas de Nadal

 

   

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS 2017

1º Premio: Laura Revaldería e Paula López.1º ESO C

1º Premio: Laura Revaldería e Paula López.1º ESO C

2º premio: Francisco Blanco veiga, de 2º FP Básica Hostalaría.

2º Premio: Francisco Blanco Veiga, de 2º FP Básica Hostalaría.

 

3º premio: Carla Díaz Gayoso, de 1º ESO C

Santiago: Castelao

O día 5 de decembro de 2018 uns trinta alumnos e alumnas dos cursos de 4º ESO B e C  visitamos a exposición "Castelao maxistral" ubicada no Museo do centro Gaiás (Cidade da Cultura). A través da obra de castelao, a exposición percorre un período clave na construción do sistema educativo público(dende principios do século XX ata 1936). Con motivo da mostra puidemos contemplar por vez primeira en Galicia "A derradeira leición do mestre", impresionante óleo pintadopor Castelao en Buenos Aires, en lembranzado seu amigo Alexandre Bóveda.
  A continuación, visitamos o Centro Gaiás e fomos cara ao Parlamento de Galicia. Alí visitamos varias salas e asistimos á parte dunha sesión do hemiciclo así coma a unha votación. Vimos dúas bibliotecas e fomos galardoados cun par de libros para o noso centro.
Esta excursión fíxose a medias cos alumnos de "Valores". Eles tiñan previsto visitar o Parlamento e nós, os de Galego, a exposición de Castelao.Así que aproveitamos a viaje

Álbum: Normalización -> Santiago_Castelao 2018/19

Árbore de libros

 

Concurso literario: "árbore de libros" 

Exposto na biblioteca do centro.

Encontro cos escritores: SAbela Núñez

Álbum: Normalización -> Sabela Núñez

Encontro cos escritores

   O pasado luns 11 de decembro a escritora lucense Sabela Núñez Singala faloulle ao alumnado de 1º de ESO do seu libro “o agasallo de Anya” , novela que nos achega a realidade de dúas nenas de once anos: Xiana, galega, e Anya, ucraína.

O alumnado aproveitou a ocasión para preguntarlle sobre o proceso de elaboración e o motivo que a levou a escribilo así como para pedirlle que lles asinara o seu libro.

 

Rutas literarias. Museo Provincial de Lugo

Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega alumnado do centro visitou o Museo Provincial de Lugo dentro das xornadas que este organiza " Rutas literarias". Tras a lectura por parte dos rapaces, dun libro de relatos ambientado no Museo enfrontáronse a unha batería de preguntas sobre os mesmos e tamén pescudas dentro do museo para localizar cadros, estelas funerarias...

Aproveitando esta saída visitaron á exposición de fotografías do brasileiro Sebastião Salgado na Praza Maior de Lugo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Samaín 2017

Como todos os anos, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou o concurso- exposición de cabazas entre o alumnado do centro. 

 

Equipos dinamización Lingua Galega

29/03/2017
Europe/Madrid

RESUME DO PROXECTO DE FOMENTO DO USO DO GALEGO CURSO 2016-2017

 

Este Proxecto, foi  asinado pola coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística, co visto e prace da directora do centro.

Analiza a realidade concreta do centro IES Sanxillao e, a partir dela, establece os obxectivos e deseña as actividades que permitan modificar a situación de partida.

 

Desenvolve os seguintes puntos:

a/       Breve estudo sociolingüístico actualizado atendendo a:

           -   O contorno sociloligüístico do centro.

           -    Situación do profesorado.

           -    Situación do alumnado.

           -    Situación lingüística do centro.

 

b/ Descrición de obxectivos axeitados a cada un dos catro puntos anteriores.

 

c/ Descrición detallada das actividades de dinamización lingüística para cada un dos

obxectivos propostos.

 

 Coordinadora: Carmen Abelleira Pereira

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut