Skip to Content

Alemán

Tarefas para o alumnado de Alemán

  • Tarefas de alemán para todos os cursos. As solucións dos exercicios as mando ao final da próxima semana para que poidades facer a autocorrección.
  • Tarefas para a 3ª semana e solucións dos anteriores

 

VII edición do intercambio co alumnado da cidade alemá de Landau

Nesta edición participan 26 alumnos/as e 4 profesores/as permanecendo na nosa cidade ata o vindeiro luns 13. Hoxe foron recibidos na Deputación Provincial e estes días realizarán varias actividades entre as que se encontra un almorzo ofrecido polo Departamento de Hostalería, paseo polo río Rato e visitas á Mariña Lucense, ás cidades da Coruña e Santiago de Compostela.

Landau 2019

Un ano máis o alumnado de 3º e 4º de ESO de alemán participan no intercambio cos compañeiros/as da cidade alemana de Landau

Álbum: Alemán -> Landau 2019

Intercambio con Landau (Alemania)

O alumnado de 2º e 3º de ESO de alemán está estes días en Landau na segunda etapa do intercambio que realiza o centro todos os anos. Despois de recibir en Lugo  aos compañeiros alemáns agora tócanos a nós viaxar. 

Álbum: Alemán -> Landau 2018

Calendario de advento

O alumnado do primeiro curso de alemán fixo uns calendarios de advento que como sabedes son un elemento moi tradicional da época de nadal nas distintas culturas xermánicas. Un calendario con 24 días, do 1 ao 24 de decembro, no que a xente pequena (e non tan pequena) das casas fai a conta atrás ata a Noiteboa e descobre cada día unha sorpresiña.

Realizaremos unha votación para escoller os mellores

Álbum: Centro -> Calendario de advento

Intercambio con Alemania

04/04/2017 22:50
Europe/Madrid

Intercambio en  Landau in der Pfalz

 

 

 

 

 

Intercambio Landau

 

Alumnos do IES Sanxillao no intercambio con Alemania en Landau do 4 ó 11 de abril.

Recibimento no Concello de Landau e no colexio.

 Os alumnos nalgunha das visitas programadas

 

 

Despedida dos alumnos do intercambio

Alumnos do Eduard-Spranger Gymnasium de Landau de Alemania despedironse o luns 7 de marzo dos seus compañeiros do Sanxillao despois dunha semana compartindo vivencias.

Ata pronto!

Intercambio Eduard-Spranger Gymnasium – IES Sanxillao

Alumnos do Eduard-Spranger Gymnasium de Landau de Alemania xunto o alumnado do IES Sanxillao na primeira fase do intercambio en Galicia.

Programa de actividades.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut