Skip to Content

Actividades

Job-shadowing. Hoteles Eurostars de Praga 2024

Job-shadowing da profesora Ana Llamas nos hoteles Eurostars de Praga, no noso programa KA131, no que tamén se están a levar a cabo mobilidades de alumnos en prácticas.

Álbum: Hostalaría -> Job-shadowing. Hoteles Eurostars de Praga 2024

Job-shadowing. Universidade de Nassau-Bahamas

Job-shadowing de profesorado no campus de Hostalería e Turismo da Universidade de Nassau-Bahamas durante o mes de marzo co programa KA171.

Álbum: Hostalaría -> Job-shadowing Universidade de Nassau-Bahamas 2024

Prácticas Erasmus 2022/23

Finalizadas con éxito as prácticas Erasmus dos nosos alumnos de FP de Dirección de Cociña e de GUÍAS nos hoteis Eurostars de Praga (verán 2023). É un orgullo contar con alumnos tan comprometidos e profesionais e estamos seguros que a nosa primeira promoción do ciclo superior de Guías, Asistencia e Información Turísticas terá un futuro laboral  moi exitoso.

Álbum: Hostalaría -> Prácticas Erasmus. Curso 2022_23

Erasmus de profesorado 2022-23.

Este ano leváronse a cabo dúas estadías de profesorado no estranxeiro. Por un lado, un job-shadowing co KA107 na Universidade de Bahamas da nosa profesora de cociña María López; por outro, un job-shadowing co KA131 da nosa profesora de servizos Beatriz Collazo no restaurante El Campanu en Xenebra e da profesora Mercedes Fernández na escola de Hostelaría e Turismo de Giarre (Sicilia). Todas estadías resultaron un éxito e unha significativa mellora na internacionalización do IES Sanxillao, que afianzou os lazos internacionais entre empresas e institucións do sector do Turismo e a Hostalería.

Álbum: Hostalaría -> Erasmus de profesorado 2022-23.

Job Shadowing na cidade de Giarre (Sicilia)

O IES Sanxillao participou nun Job Shadowing na cidade de Giarre (Sicilia), onde toda a comunidade educativa do Istituto Professionale Alberghiero Giovanni Falcone se involucrou para mostrar á nosa profesora os seus métodos de traballo. Moitísimas grazas a todos, en especial a súa coordinadora Teresa Casas que acompañou todo o tempo ós grupos Erasmus e organizou unha estadía moi completa e proveitosa.

Álbum: Hostalaría -> Job Shadowing na cidade de Giarre (Sicilia) 2023

Praga. Erasmus+FCT

 

O alumno de 2º de DIRCO Adrián Salgado Prego rematou este xuño a súa estadía Erasmus+FCT no programa KA103 no hotel Eurostars Thalia en Praga. Despois dun tempo sen estadías no estranxeiro, reanudamos os programas e como sempre, cuns resultados moi satisfactorios tanto nos participantees, coma nas empresas colaboradoras.

IEK PEIRAIAS de Atenas (ERASMUS)

Dúas profesoras do IES Sanxillao realizaron unha mobilidade Erasmus  de FP Educación Superior no IEK PEIRAIAS de Atenas, onde poideron coñecer o desenvolvemento das clases de hostelería. Temos que destacar a profesionalidade e a calurosa acollida do instituto grego, e dámoslle as gracias por deixarnos participar nos seus talleres de cociña e as súas clases teóricas. (click na imaxe)

Álbum: Hostalaría -> IEK PEIRAIAS -Atenas 2022

Hostelaría de Lamego (Portugal)

Estancia Erasmus da profesora Celia García do ciclo superior de Dirección  de Cociña na escola de Hostelaría de Lamego (Portugal). Unha nova e proveitosa experiencia Erasmus que da continuidade aos programas de sprendizaxe e prácticas do profesorado e alumnado do IES Sanxillao.

Álbum: Hostalaría -> Hostelaría de Lamego (Portugal) 2019

Hostelería y Turismo en La Habana

El IES Sanxillao realizó un programa Erasmus KA107 de profesorado en las escuelas de Hostelería y Turismo de La Habana. Continuaremos con estos programas para recibir y enviar profesorado de otros países y así seguir mejorando nuestra oferta formativa.

Álbum: Hostalaría -> Erasmus_Habana 2018/19

.

Charla dos exalumnos  do IES Sanxillao do ciclo Superior de Servizos Jorge e Raquel sobre a experiencia Erasmus KA103 en Praga.

 

Instituto Guido Galli de Bérgamo

Visita del Sanxillao al Instituto Guido Galli de Bérgamo (Italia) dentro del Programa Erasmus KA103. Damos las gracias a toda la plantilla por su calurosa acogida. Esperamos encontrarnos pronto una vez más.

Álbum: Hostalaría -> Instituto Guido Galli de Bérgamo
Distribuir contido


by Dr. Radut