Skip to Content

Santiago: Castelao

O día 5 de decembro de 2018 uns trinta alumnos e alumnas dos cursos de 4º ESO B e C  visitamos a exposición "Castelao maxistral" ubicada no Museo do centro Gaiás (Cidade da Cultura). A través da obra de castelao, a exposición percorre un período clave na construción do sistema educativo público(dende principios do século XX ata 1936). Con motivo da mostra puidemos contemplar por vez primeira en Galicia "A derradeira leición do mestre", impresionante óleo pintadopor Castelao en Buenos Aires, en lembranzado seu amigo Alexandre Bóveda.
  A continuación, visitamos o Centro Gaiás e fomos cara ao Parlamento de Galicia. Alí visitamos varias salas e asistimos á parte dunha sesión do hemiciclo así coma a unha votación. Vimos dúas bibliotecas e fomos galardoados cun par de libros para o noso centro.
Esta excursión fíxose a medias cos alumnos de "Valores". Eles tiñan previsto visitar o Parlamento e nós, os de Galego, a exposición de Castelao.Así que aproveitamos a viaje

Álbum: Normalización -> Santiago_Castelao 2018/19


album | by Dr. Radut