Skip to Content

Concursos e premios

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/2017

Xúntase a Orde do 23 de maio de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2016/17.O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 8 de xuño de 2017 e rematará o día 7 de xullo de 2017.

Premios extraordinarios de bacharelato 2016-2017

O día 4 de maio, publicouse no DOG a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

Convocatoria de premios de ESO ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2015/16

O día 19 de agosto publicouse no Diario Oficial de Galicia a ORDE do 4 de agosto de 2016 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2015/16.

Prazo de presentación de solicitudes: 20/08/2016 - 19/09/2016

Convocatoria de premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015-2016

O día 27 de xullo saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 7 de xullo de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015-2016.

Prazo de presentación de solicitudes: 28/07/2016 - 22/08/2016

Premios acadados polo IES Santa Irene

No certame "Cooperativismo no ensino 2016" o IES Santa Irene acadou os seguintes premios:

  • Categoría E (1º ciclo de ESO): PREMIO AO MELLOR TRABALLO

"A auga no espazo e no tempo", realizado por alumnos de 1º de ESO, e dirixido polas profesoras Inma Peniza e Nieves Velázquez.

Concurso de Clipmetrajes de Manos Unidas

Actualizado con novos clips

O alumnado de Valores éticos de 3º ESO participa no concurso de Clipmetrajes de Manos Unidas. Pulsa nas ligazóns para ver os vídeos e, se che gustan, dálles o teu voto para axudalos a gañar:

Cesta de Nadal

No sortedo da cesta de Nadal doada pola Asociación de Comerciantes das Travesas resultou agraciada dona Beatriz Valeije Álvarez. Noraboa!!

Premios nacionais no ensino non universitario correspondentes ao ano 2015

Convocáronse os premios nacionais de educación no ensino non universtario correspondentes ao ano 2015 na categoría de rendemento académico do alumnado. Ligazón á convocatoria aquí.

Convocatoria premios extraordinarios ESO

O martes 7 de xullo de 2015 publicouse a convocatoria dos premios extraordinarios da ESO.

Convocatoria dos premios extraordinarios da ESO

Convocáronse os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/2015. A normativa atópase na seguinte ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut