Skip to Content

Convocatoria de premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015-2016

O día 27 de xullo saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde do 7 de xullo de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2015-2016.

Prazo de presentación de solicitudes: 28/07/2016 - 22/08/2016

É o alumno ou a alumna, ou os seus representantes legais, quen presentará a solicitude de participación en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Para estes efectos, os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo.A proba para a concesión dos premios realizarase na primeira quincena do mes de setembro.

Ligazón á convocatoria



story | by Dr. Radut