Skip to Content

Premios extraordinarios de bacharelato 2016-2017

O día 4 de maio, publicouse no DOG a Orde do 24 de abril de 2017 pola que se convocan os premios expraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016-2017.

No artigo 4 de dita orde establécese que:

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 5 de maio de 2017
Prazo de presentación de solicitudes: 05/05/2017 - 05/06/2017

2. As solicitudes subscribiranas directamente as persoas interesadas con plena capacidade de obrar ou, se é o caso, os/as representantes legais dos/as solicitantes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ED311A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Nota: Os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no parágrafo anterior, os centros non recollen ningunha solicitude.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

AdxuntoTamaño
AnuncioG0164-240417-0002_gl.pdf719.91 KB


story | by Dr. Radut