Skip to Content

Concursos e premios

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato paro o curso 2014-15

Convocatoria 2015: Orde do 28 de maio de 2015 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2014-15 (DOG).

Convocatoria Estalmat

Convocáronse as probas de detección de alumnado con talento matemático de Galicia.

Alumnado ao que van dirixidas: nacidos nos anos 2002 ou 2003

Día da proba: sábado 6 de xuño de 2015

Inscrición: electronicamente na páxina http://www.estalmatgalicia.com ;ou, enviando o formalario que hai na devandita páxina por correo postal ou fax á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela

Resolución da I edición do English Photo Contest

O xurado do English Photo Contest, en vista de que ningunha das fotografías presentadas ten a suficiente calidade, decidiu deixar deserto o primeiro premio e outorgar só os premios segundo e terceiro, dotados con tarxetas regalo por importe de 30 € e 20 € respectivamente. As fotografías enviadas sen metadatos foron excluídas das deliberacións.

Convócase a I edición do English Photo Contest

O IES Santa Irene convoca a I edición do English Photo Contest de acordo coas seguintes

Bases

Participantes

Poderá participar todo o alumnado do centro. A participación neste concurso suporá a total aceptación destas bases.

Tema

As fotografías presentadas deberán ter algunha relación co idioma inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut