Skip to Content

Convocatoria Estalmat

Convocáronse as probas de detección de alumnado con talento matemático de Galicia.

Alumnado ao que van dirixidas: nacidos nos anos 2002 ou 2003

Día da proba: sábado 6 de xuño de 2015

Inscrición: electronicamente na páxina http://www.estalmatgalicia.com ;ou, enviando o formalario que hai na devandita páxina por correo postal ou fax á Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela

Que é o Proxecto Estalmat e que pretende?

É un proxecto desenvolvido por un equipo de máis de 48 docentes de Secundaria e da Universidade que ten como obxectivo detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento matemático.

Como funciona Estalmat?

Selecciona 25 estudantes cada ano, de toda Galicia, mediante unhas probas que pretenden detectar aptitudes matemáticas avanzadas, e desenvolver actividades adaptadas ao desenvolvemento do seu talento.

Canto dura o Proxento Estalmat?

Nos dous primeiros cursos as actividades se celebran durante 20 mañás dos sábados de cada curso académico.

O terceiro curso son 12 sábados.

Onde teñen lugar as probas e as actividades?

Na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela

Se avanza no currículo escolar?

Non, se prentende desenvolver aspectos que permitan axudar a pensar en matemáticas, resolver problemas e pasalo ben coas matemáticas.

Para máis información podes entrar na páxina de Estalmat 



story | by Dr. Radut