Skip to Content

Premios acadados polo IES Santa Irene

No certame "Cooperativismo no ensino 2016" o IES Santa Irene acadou os seguintes premios:

  • Categoría E (1º ciclo de ESO): PREMIO AO MELLOR TRABALLO

"A auga no espazo e no tempo", realizado por alumnos de 1º de ESO, e dirixido polas profesoras Inma Peniza e Nieves Velázquez.

  • Categoría F (2º ciclo de ESO): PREMIO AO MELLOR TRABALLO

"Xogos interactivos: proxecto Santa Irene", realizado por alumos de 4º de ESO e dirixido pola profesora Susana Alonso. Explicación e descarga dos xogos na ligazón previa.

Na XVIII Olimpiada Galega de Matemáticas de 2º de ESO, a alumna Candela Rodríguez Conde superou a fase de zona e clasificouse para a Fase Final Galega.



story | by Dr. Radut