Skip to Content

Actividades

APADRIÑAMENTO LECTOR

Un ano máis, desde a Biblioteca e coa colaboración do Departamento de Relixión e da materia de Estratexias de Comunicación, o alumnado de 1º de ESO ven de apadriñar á cativada da Galiña Azul.
Cos seus álbumes ilustrados ás costas e o seu bo facer, o noso alumnado usa os seus recreos para ir ler contos xs máis peques que xs están esperando cos brazos abertos.
Unha experiencia igual de fantástica para os rapaces e rapazas do noso IES como para os nenos e nenas da Escola Infantil. Unha simbiose perfecta.

 

COMIC-CON MOAÑA 19

Outro ano máis o noso Club de Manga e Anime "Tuitaku" ven de participar na Comic-con de Moaña. Esta vez da nosa man estivo o xogo de Escape Room que xa tanto éxito tivera na quedada do noso IES alá por febreiro e que nos pediron que o levásemos a Moaña. Outro éxito grazas ao traballo, dedicación e esforzo de Antón, Carmen, Yasmim, Celia, Alba, Julia, Diego e Antía; encargadxs e responsables do xogo. Ademais de disfrutar das distintas actividades, un bo grupo de socixs participou no concurso de Talentos así como no concurso de debuxo, gañando Olalla o 3º Premio. Queremos agradecer ao profesorado acompañante -Manuel Arnau e David Giráldez- o día que botaron responsabilizándose todo o día do venres na actividade e deixando que o alumnado puidese participar ;)

RESUMO DA I COMIC-CON TUITAKU. Todo un éxito.

 

Outro vídeo feito polo Club de Manga e Anime do IES Paralaia (Moaña) aquí

 

I Comic-Con Tuitaku

Grupos de traballo e ludificación

Desde os grupos de traballo nos que participamos o profesorado desde IES, unificamos dous cursos -ERASMUS+ TENDENDO PONTES e  CURSO DA BILBIOTECA ESCOLAR- e desenvolvimos unha actividade de ludificación como comezo do curso.

Na entrada do blog "TENDENDO PONTES" colgamos toda a información do BreakOut Educativo REBELIÓN NA BIBLIOTECA: vídeos, explicación do xogo, materiais...

BREAKOUT TUITAKU

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA: FIN DE TRIMESTRE

 

COMICON MOAÑA. Club Tuitaku.


 

faladorio CLUB MANGA E ANIME

CONVIVENCIA OTAKU en Vigo

O pasado luns 29 o noso Club de Manga e Anime "Tuitaku" acudiu á chamada dunha convivencia con outros Clubes otakus da provincia de Pontevedra que tiña lugar no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Premede para ver as imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut