Skip to Content

Actividades

CALENDARIO HORAS DE LER (CURSO 22-23)

No seguinte enlace, podes ver o calendario das Horas de Ler para este curso 22-23.

Cos nosos maiores en tempos de pandemia

Non imos deixar de atoparnos cos nosos maiores para agasallalos e contaxialos coas nosas lecturas e músicas!

Fronte á pandemia, virtualidade e agarimo!

santelmo_21

O noso mes da ciencia: as bibliotecas somos de ciencias!

Nas tres semanas centrais do pasado novembro, nos segundos recreos, a zona azul da biblioteca foi un laboratorio dos máis  variados experimentos e probas titoradas por profesorado e alumnado de distintos departamentos científico-tecnolóxicos, para mostra este pequeno vídeo:

Charlas presenciais e virtuais

No pasado xaneiro comezamos un ciclo de charlas, impartidas por persoal da Universidade de Vigo, pensadas para que o noso alumnado de 2º BAC coñecera distintas carreiras, plans de estudo e saídas profesionais. Estos relatorios principiaron o mércores 20 de xaneiro, continuaron os días 22 e 27 do pasado mes e remataron xa neste febreiro os días 19 e 24. Algunhas delas foron presenciais respectando o protocolo anticovid mentres outras realizáronse a través de videoconferencia. Confiamos que, con iniciativas como esta, o noso alumnado de último curso reciba a información necesaria para encauzar o seu futuro académcio e/ou profesional.

 

Tamén, mediante videoconferencia o venres 19 de febreiro, conectamos con Rosendo Bugarín, tudense, alumno do IES San  Paio de Tui na promoción do 1979, doutor especialista en medicina de familia e autor do libro de investigación La gripe de 1918 en Tui, publicado no ano 2018 aproveitando a data do seu centenario. A dinámica foi a de intercambiar impresións ao redor do que foran as vivencias de médicos e pacientes así como de toda a cidadanía tudense sobre a pandemia da gripe entón e encontrar semellanzas e diferenzas respecto da situación de pandemia que vivimos actualmente. Os medios son diferentes, os virus tamén, pero as persoas coas súas inquedanzas e medos seguen sendo as mesmas. O noso alumnado de 1º Bacharelato preparou previamente este encontro traballando co libro obxecto de presentación nesta charla para o que contamos coa colaboración da  Biblioteca Municipal que facilitou o préstamo de 14 exemplares.

 

Finalmente, o luns 22 de febreiro contactamos, tamén a través de videoconferencia, con Belen Sousa Domínguez, unha tudense que actualmente traballa en Munich para a empresa de animación 3D Trixtar. Os encargos veñen nada menos que da man de Marvel. Con pouco máis de 30 anos xa traballou nos departamentos de animación de diferentes películas de superheroes como Capitán América: Civil War, Black Panther, Spider-Man: Homecoming ou Capitana Marvel. Precisamente nesta última foi a encargada de animar ao gato que vive coa protagonista. O alumnado de 1º ESO amosou un grande coñecemento tanto da saga Marvel como dos misterios da animación e programación de modo que a charla coa nosa interlocutora resultou dinámica, intensa, animada e moi proveitosa.

II Comic-con Tuitaku

O vindeiro luns 10 de febreiro, o Club Tuitaku convida a 5 clubes (IES de Valadares e Alexandre Bóveda de Vigo, IES As Barxas de Moaña, Escolas Proval de Nigrán e o IES Indalecio Pérez Tizón de Tui) a pasar a xornada lectiva no noso centro na nosa II Comic-con ofrecéndolle un abano dunhas quince actividades distintas nas que van participar.

 

Ademais disto nesta Comic-con dous centros convidados desenvolverán as súas propias actividades: Unha simbiose total.

 

O grupo Tuitaku, formado por uns 45 alumnos e alumnas, están a traballar sen descanso para ofrecer este evento ás casi 100 persoas convidadas. Unha gran aprendizaxe e traballo colaborativo que non deixa de ser un gran paso no desenvolvemento de moitas das competencias clave.

 


 

II Comic-con Tuitaku


XORNADA DE XOGOS DE MESA - 20 decembro

Da man do noso Club de Manga e Anime TUITAKU, o vindeiro venres teremos as III Xornadas de Xogos de Mesa e de cartas.

Unha ducia de direfentes xogos estarán espallados polas mesas do centro para que poidades coñecelos e, por suposto, xogalos. Non é necesario saber xogar xa que os monitores do Tuitaku vos explicarán as reglas e como é o xogo.

Pasade pola Vicedirección para vos inscribir nos xogos!


 

BREAKOUT EDUCATIVO "PASEN Á BIBLIOTECA"

Despois dun primeiro contacto coa Biblioteca do noso centro da man dxs Bibliotecarixs, todo o alumnado de 1º de ESO nas súas correspondentes clases puideron participar nun Breakout Educativo que obrigou ao traballo en equipo fomentando a aprendizaxe a través do xogo e acercando a Biblioteca Escolar a todxs xs nosxs estudantes, máis se cabe.
 
Un breve resumo do que aconteceu:
 
Aquí podedes facer a parte do xogo interactivo. Que sabes sobre a biblio? Seredes quen de abrir a caixa?

SAMAÍN ESTÁ AÍ! Concurso de Microrrelatos de medo.


 

Patrullón de Contadas 2019- Galiña Azul

Dentro da materia Estratexias de Aprendizaxe e Comunicación, disfrutamos dunha entrañable actividade: Patrullón de contadas que consiste en preparar contadas para ilas contar axs cativxs da Galiña Azul.

E un ano máis alí estivemos gastando os nosos recreos con outro tipo de divertimento. Parabéns a todo o alumnado que voluntariamente participou nas contadas e "perdeu" moitos recreos ensaiando.

Sodes Grandes!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut