Skip to Content

Actividades

Festa de fin de trimestre

Contos e música no Nadal na E.I. GALIÑA AZUL

Música e contos para compartir o Nadal cos máis pequenos. Hoxe levámoslle un pouco de música e contos aos nosos veciños da Escola Infantil. Comezou esta pequena convivencia un coro de alumnos de música que puxo voz a "Let it Swow". Logo os de 1º ESO narraron o conto "O boneco de neve feliz" e dramatizaron "O abeto e o apalpador" (con acompañamento musical de 1º BAC). Chegou despois o momento das panxoliñas que ofreceron alumnos de música de 2º ESO e foi a coda a interpretación "a capella" (4 voces) de "Hit the Road Jack". Non faltou un agasallo improvisado: o "Happy Birthday" coreado por todos para un neno que estaba de aniversario. Rematamos deixando que os máis pequenos tocasen algúns instrumentos pois hai que facer canteira e, de feito, algúns danlle con xeito ao teclado ou a dirección de orquestra...

 

 

QUIDDICH NO SAN PAIO

XOGOS E DEPORTE NO FIN DE TRIMESTRE

  

 

PREME NO BOLETÍN PARA O DESCARGAR:

SESIÓN DE QUIDDICH para o CLUB TUITAKU

Na tarde do vindeiro luns 18 o Club Dinasour´s Army visitará ao Club de Manga e Anime "Tuitaku" do noso centro para ensinarnos a xogar a este novo deporte e botar unas partidas. 

Xa temos preparadas as nosas 40 vasoiras!!!

MÚSICA E CONTOS NO NADAL na Galiña Azul

Un ano máis o noso alumnado visitará a Escola Infantil Galiña Azul co gallo do Nadal. Os nosos músicxs, actores e actrices e contacontos xa están preparando as súas pezas para compartir cos peques de Tui.

Conmemoración 24 novembro

Neste frío e solleiro último mércores de novembro lembramos a lacra da violencia machista. No primeiro recreo a música e a danza tomaron a entrada do instituto. De fondo os paneis cos haikus e as 77 vítimas mortais do que vai de ano. Iria, de 3º C, protagonizou a danza mentres alumnado de distintos cursos ocupouse do acompañamento musical.

E pasaban poucos minutos do mediodía cando diante da fachada principal do centro escenificamos a traxedia das vítimas do machismo rampante. Mes a mes, ían caíndo, sen présa e sen pausa mentres a fera machista campaba ás súas anchas ata que, acurralada, sucumbe. Cando no mundo real este final será posíbel?

Parabéns por este acto e moitas grazas a tod@s!

Cartel feito por Shelma e Assia

Nube de palabras feita por André e David

1ºESO C

 

 

O CLUB TUITAKU do noso IES na COMICON INTERCENTROS de Moaña

O venres 12 de maio foi o día de xuntanza e intercambio con outros clubes de Manga e Anime da provincia de Pontevedra no que fomos invitados polos centros organizadores: IES Paralaia e IES As Barxas.   Nunha xornada maratoniana -que se prolongou ata as 20.00h- non tivemos tempo no que non houbera anda que facer. 


 

 

 

 

enlace do FARO DE VIGO; www.comicmoanha.com

 

CLUB MANGA E ANIME TUITAKU en Vigo

O alumnado socio-fundador do Club de Manga e Anime "Tuitaku" do noso instituto participou, o luns 24 de abril, nunha xuntanza no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo con outros clubes de IES de Pontevedra (Paralaia e As Barxas de Moaña; Escolas Proval de Nigrán; Ricardo Mella, Alexandre Bóveda e Álvaro Cunqueiro de Vigo) coa idea de coñecerse e prepararse para a COMICON de Moaña que terá lugar o 12 e 13 de maio.

 Toda a información e programa da Comicon de Moaña (aberta a todo o público o sábado 13) podedes atopala no seguinte ENLACE

POEMAS OCULTOS

A "Blackout Poetry" (Poesía Oculta) chegou ao noso instituto aparecendo no recibidor do centro cos poemas elaborados polo noso alumnado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut