Skip to Content

conmemoracións

A Revolución Amarela

A REVOLUCIÓN EDSA

A Revolución EDSA é coñecida con varios nomes diferentes: Revolución do Poder do Pobo, Revolución Filipina de 1986, eEDSA Revolución Amarela.

Foron unha serie de protestas e marchas populares en Filipinas que comezaron en 1983 e finalizaron en 1986. Os métodos utilizados foron os propios dunha campaña de resistencia civil contra a violencia do réxime dictatorial do presidente Ferdinand Marcos e a fraude electoral acontecida nas eleccións presidenciais de 1986.

O asasinato do senador Benigno Aquino á súa chegada ao aeroporto de Manila o 21 de agosto de 1983, foi o detonante do alzamento popular de carácter pacífico, e que conduciu á subida ao poder de Corazón Aquino, esposa de Aquino e nai do actual presidente de Filipinas, Benigno Aquino III.

Esta revolución non-violenta conduciu a que o presidente Ferdinand Marcos deixase o goberno e se restaurase a democracia no país. Foi amplamente considerada unha vitoria do pobo contra os vinte anos do réxime autoritario e represivo, do entón presidente Ferdinand Marcos, e os xornais referíronse a ela como "a revolución que sorprendeu ao mundo".

A maioría das protestas realizáronse nun longo tramo da Avenida Epifanio dos Santos, situada na zona metropolitana de Manila, dita avenida é coñecida popularmente polo acrónimo de EDSA, de ahí o nome máis empregado para ésta revolución. Denomínase tamén Revolución Amarela por mor da presenza de cintas amarelas durante as manifestacións, logo do asasinato de Benigno Aquino.

A principal actividade aconteceu en tan só tres días, dende o 22 ao 25 de febreiro de 1986, e nas mesmas participaron máis de dous millóns de civís filipinos e varios grupos políticos, militares e relixiosos liderados polo cardeal Jaime Sen, arcebispo de Manila.

As protestas, alimentaron a resistencia e a oposición fronte a anos do goberno corrupto de Marcos, culminando coa partida do ditador do Palacio de Malacañán cara a Hawaii. Corazon Aquino foi proclamada como o lexítima presidente de Filipinas logo da revolución.

Mulleres de Liberia pola Paz

 WOMEN OF  LIBERIA  MASS ACTION FOR  PEACE

 leymah Leymah Gbowee nace na zona central de Liberia. Aos 17 anos mudouse a Monrovia, cando estalou a primeira guerra civil do país. Adestrada para axudar ás persoas a superar o trauma que supón unha guerra, traballou durante a guerra civil cos nenos soldado do exército de Charles Taylor (presidente de Liberia)
    
  En 2002, Leymah Gbowee organizou a Acción Masiva pola Paz das Mulleres de Liberia  (Women of Liberia Mass Action for Peace). Organizou ás mulleres cristiás e musulmás de Monrovia para levar a cabo protestas pacíficas pola non violencia. As integrantes do grupo empezaron a reunirse en lugares públicos (no mercado de peixe) e, sen distinción de etnia nin relixión, vestidas de branco, rezaban conxuntamente en favor da paz.


  A organización dirixe unha declaración de intencións ao Presidente Taylor (quenelle posteriormente será xulgado e condenado por crimes contra a humanidade): "No pasado nós eramos silenciosas, pero despois de ser asasinadas, violadas, deshumanizadas, e infectadas por enfermidades, e vendo aos nosos nenos e as nosas familias destruídas, a guerra ensinounos que o futuro xace en dicir NON á violencia e SI á paz! Non pararemos ata que a paz prevaleza."


   Vestidas con camisetas brancas para simbolizar a paz, e contadas por miles, as mulleres convertéronse nunha forza política contra a violencia e o goberno e lideraron con éxito a petición de paz noutros estados africanos.


    A participación das mulleres no proceso de paz en Liberia é un exemplo de como as mulleres poden contribuír de maneira significativa durante os procesos de paz e na construción das sociedades post-conflito.

    tawO pobo de Liberia ten moito que agradecer ás súas mulleres. Foi a través do movemento feminino pola paz, Women of Liberia Mass Action for Peace, como se puxo fin a unha guerra civil que se saldou con máis de 200.000 vidas e que desprazou a dous terzos da poboación. Miles de mulleres, cristiás e musulmás, manifestáronse unha e outra vez ata que os homes as tiveron en conta.


    En 2011, Leymah Gbowee (traballadora social), Ellen Johnson Sirleaf (presidenta de Liberia) "pola súa batalla non violenta a favor da seguridade das mulleres e do seu pleno dereito na plena participación da obra de construción da paz" xunto a Tawakkul Karman xornalista, política e activista iemení, figura relevante na primavera árabe, gañan o Premio Nobel da Paz

 

A revolución dos caraveis

 25 de abril: A REVOLUCIÓN DOS CARAVEISGRÁNDOLA

A Revolución dos Caraveis (en portugués: Revoluçao dos Cravos ou O 25 de Abril) é o nome dado o levantamento militar do 25 de abril de 1974 que provocou a caída do réxime ditatorial coñecido como Estado Novo, fundado en 1932 por  António de Oliveira Salazar.

O xeneral António de Spínola converteuse en presidente dunha Xunta de Salvación Nacional encargada de levar a democracia ao país. Unha consecuencia do final da ditadura sería a independencia das últimas colonias portuguesas en África.  En 1975 convocáronse eleccións constituíntes e outorgouse a independencia ás colonias de Angola, Mozambique, Guinea- Bissau, Cabo Verde e San Tomé e Príncipe.

25 a

Ás doce e media da madrugada do 25 de abril de 1974 emitíase por Radio Renascença a canción Grandola, Vila Morena; era o sinal elixido polos capitáns do Movemento das Forzas Armadas ( MFA) para poñer en marcha o golpe militar que poñería fin á ditadura máis vella de Europa. A ningún dos mozos militares que emprenderon aquela acción pasoulles pola cabeza que ían protagonizar o pistoletazo de saída dun dos procesos revolucionarios máis profundos de toda a historia do movemento obreiro.

A canción " Grandola Vila Morena" foi un dos símbolos da revolución portuguesa de 1974; do mesmo xeito que os caraveis vermellos con que a poboación de Lisboa obsequiou aos militares saídos ás rúas.

Esa primavera, todos os focos do mundo apuntaron á experiencia lusa, que se rodeou dun halo romántico que aínda hoxe segue conservando.

 

En defensa das mulleres

O GULABI GANG: O EXÉRCITO DOS SARIS ROSAS 

   sampat  A comezos de 2006, Sampat Pal, xunto ao traballador social Jay Prakash, cansada dos malos tratos e a discriminación, formou o Gulabi Gang “o exército dos saris rosas”:  un equipo de mulleres que traballan pola xustiza para as mulleres oprimidas e maltratadas, inicialmente formado por 25 mulleres de diferentes idades que desafiaron o poder dos homes. Vestidas con saris rosas e levando o lâthi (unha vara ou bastón tradicional de bambú utilizado polos pastores) como autodefensa, van de pobo en pobo falando ás mulleres pobres e analfabetas dos seus dereitos.


    O propósito principal das guerreiras de Gulabi Gang é empoderar ás mulleres. O apoio mutuo e a formación constante, resulta esencial. “As casas nas que vivimos tamén son nosas e temos dereito a sentirnos libres nelassari


     Apoian a independencia das mulleres mediante pequenos negocios no sector téxtil. Desta forma, non dependen economicamente dos seus maridos. O diñeiro que gañan é froito do seu esforzo e capacidades. “Defendemos a autodefensa sempre que a consideremos necesario. Non somos violentas, pero hai ocasións nas que non nos deixan outra alternativa


   Sampat é amada e admirada polas castes baixas e odiada polas superiores e os funcionarios do estado. “A autoridade non me impresiona. O lâthi levámolo para facernos respectar, a verdadeira arma é que estamos unidas.” “Unha muller soa non pode facer nada, pero moitas mulleres unidas poden reverter a situación”.


    O Gulabi Gang defende a todas as vítimas de inxustiza, en especial as mulleres, que están desvalidas fronte á violencia exercida polos homes: acoso, tortura, violación... A familia de Sampat comparte a súa loita mesmo a pesar de ser ameazada de morte e ter que abandonar o seu pobo e casa.


  grupo O seu traballo céntrase na loita contra a corrupción, a redistribución de terras, o  emprego rural ou a cartilla de alimentos para os máis pobres entre outros. Promove talleres de costura, fabricación de abonos naturais, produción de algodón con rocas para que as mulleres poidan ter unha vida digna e ser independentes.


     O servizo comunitario  inclúe a dotación de alimentos e gran aos poboadores das zonas rurais, pensións para viúvas que non teñen os medios económicos para enfrontar a súa vellez e axudar a previr o abuso de mulleres e nenos. A dote, a violación, os matrimonios de nenos, a violencia doméstica, os abuso de menores e o acoso sexual, entre outros, son algúns dos temas denunciados polo grupo.

 

Loitando contra a segregación racial

 

parksROSA PARKS, LUTHER KING

 

E O BOICOT DOS AUTOBUSES

 

MONTGOMERY

 

Todo comezou en 1955, cando unha costureira afroamericana chamada Rosa Parks, que ía sentada tranquilamente nun autobús da compañía Montgomery, negouse a ceder o seu asento a un señor branco... Por entón, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos sentaban diante e os negros detrás, ao fondo. O condutor do autobús ordenou a Rosa que deixase o seu lugar a un branco que acaba de subir. Ela negouse a abandonar o seu sitio. O condutor chamou á policía, que acabou detendo a Rosa.


Tras esta inxustiza iniciouse unha campaña de boicot contra a empresa de autobuses secundada pola comunidade negra. Organizáronsautobúse dunha forma marabillosa: a maior parte desprazáronse andando, en bicicletas,  tamén usaron un sistema de coches compartidos ou mesmo montaron mulas... calquera cousa con tal de non tomar os autobuses. 


kingPois ben, aquí entrou en acción un señor que terá unha enorme importancia na loita contra o racismo: Martin Luther King, que  chegou a ser detido, xunto a outros 156 manifestantes, por "obstaculizar" un autobús. King comentou sobre o arresto ao dicir: "Eu estaba orgulloso do meu crime, foi o crime de experimentar coa miña xente unha protesta non violenta contra a inxustiza".


O movemento, que durou 382 días terminou grazas a unha decisión da Corte Suprema dos Estados Unidos do 13 de novembro de 1956 que declarou ilegal a segregación nos autobuses, restaurantes, escolas e outros lugares públicos.

Activismo contra a segregación racial

 

ROSA PARKS, LUTHER KING

E O BOICOT DOS AUTOBUSES MONTGOMERY

 

 parksTodo comezou en 1955, cando unha costureira afroamericana chamada Rosa Parks, que ía sentada tranquilamente nun autobús da compañía Montgomery, negouse a ceder o seu asento a un señor branco... Por entón, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos sentaban diante e os negros detrás, ao fondo. O condutor do autobús ordenou a Rosa que deixase o seu lugar a un branco que acaba de subir. Ela negouse a abandonar o seu sitio. O condutor chamou á policía, que acabou detendo a Rosa. autobús

Tras esta inxustiza iniciouse unha campaña de boicot contra a empresa de autobuses secundada pola comunidade negra. Organizáronse dunha forma marabillosa: a maior parte desprazáronse andando, en bicicletas,  tamén usaron un sistema de coches compartidos ou mesmo montaron mulas... calquera cousa con tal de non tomar os autobuses.

Pois ben, aquí entrou en acción un señor que terá unha enorme importancia na loita contra o racismo: Martin Luther King, que  chegou a ser detido, xunto a outros 156 manifestantes, por "obstaculizar" un autobús. King comentou sobre o arresto ao dicir: "Eu estaba orgulloso do meu crime, foi o crime de experimentar coa miña xente unha protesta non violenta contra a inxustiza".
king

O movemento, que durou 382 días terminou grazas a unha decisión da Corte Suprema dos Estados Unidos do 13 de novembro de 1956 que declarou ilegal a segregación nos autobuses, restaurantes, escolas e outros lugares públicos.

 

A loita agrarista contra os foros

Con esta iniciamos unha serie de entradas sobre movementos que contribuiron ao avance e mellora da humanidade, movementos non violentos que, ás veces, foron represaliados con violencia e morte.

Mártires de Sobredo (artigo de Manuel Bragado)

Cumpríronse noventa anos dos acontecementos de Sobredo, na parroquia de Guillarei, cando tres persoas foron asasinadas o 28 de novembro de 1922 pola Garda Civil cando defendían a dignidade dos labradores aos que se lles esixía un lucro da terra que eles traballaban. Cándida Rodríguez, veciña da parroquia de Pazos de Reis, Joaquín Estévez Besada, veciño de Soutelo do concello de Salceda de Caselas e Venancio González Romero, dirixente agrario de San Esteban de Budiño foron as tres persoas falecidas, xunto a outras sete que resultaron feridas de bala, cando a Garda Civil disolveu a balazos unha concentración de máis de dúas mil persoas que acudiran, convocadas a golpe de badaladas e de foguetes, dende diversas parroquias de toda a bisbarra, dende o Baixo Miño, a Louriña até o Paradanta en solidariedade cun veciño de Sobredo, a quen coa presenza do xuíz e a Garda Civil lle pretendían embargar os bens por negarse a pagar o foro ao rendista tudense José Sarmiento.

Unha negativa a pagar acordada no Congreso Rexional Agrario de Tui, celebrado do 28 ao 30 de xuño do mesmo ano, no que se acordou tamén fundar a Confederación Rexional de Agricultores Galegos baixo a presidencia de Basilio Álvarez. Un boicot, asumido por 133 sociedades agrarias parroquiais, co que se pretendía rematar cuns contratos forais, propios dun réxime escravista medieval, que obrigaban aos labregos a pagar unha renda anual, case sempre á altura do san Martiño, ben en especie (millo, viño ou animais) ou en cartos, aos donos da terra que traballaban. Unha reivindicación que provocaría o 6 de novembro a detención dos membros da directiva da Sociedade Agraria de Ribadelouro, o comezo dunha posterior folga na bisbarra e a clausura de locais das sociedades.

monumentoDende entón, os acontecementos de Sobredo de 1922 quedaron fixados como símbolo da sociedade labrega martirizada, uníndose a xeira oprobiosa doutros semellantes que se produciron nesta loita agrarista noutras localidades do país, como Oseira (1909), Nebra (1916) e Sofán (1919).

A actitude rebelde, a solidariedade, a fraternidade, o esforzo colectivo amosado na longa loita antiforal ao longo de máis de dúas décadas conseguiron abrir unha saída política para o conflito que chegaría no mes de xuño de 1926 co decreto de redención foral do goberno de Primo de Rivera, que permitía cos labregos fosen donos das súas terras, mediante o pagamento dunha indemnización. Un sistema que custou ferro e fariña pagar a tantos dos nosos campesiños, que procuraron nos vieiros da emigración americana os cartiños para redimir os foros das terras de seu.

bretemas@gmail.com

 

 

 

Casares en 25 diapositivas

Os fitos máis salientábeis da vida e obra literaria de Carlos Casares en 25 diapositivas:

 

Libros, territorio da escultura

Neste 23 de abril lembramos a pegada do libro nas artes escultóricas.

 

Medremos cos libros de Carlos Casares

casaresNo Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cómpre lembrar a contribución de Carlos Casares, autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas deste 2017, para facilitar que @s nen@s galeg@s puidesen ler en galego nunha época na que escaseaban ou eran inexistentes os libros infantís na nosa lingua. Comprometido coa infancia e coa literatura, Carlos Casares traduce textos ao galego como O principiño  ou crea clásicos como A galiña azul ou As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

Grazas a Casares e moitos outros autores en Galicia medramos cos libros en galego!

principiño galiña laranxas

 

can

 

polbo

lolo
toribio contos toribio tráfico toribio idea
Distribuir contido


by Dr. Radut