Dúas novelas moi acaídas para conmemorar lendo o Día Internacional da Lingua Materna.
O profesor de vegliota de Manuel Veiga ("unha proposta que nos achega a conceptos como identidade, resistencia ou asimilación coa lingua como obxecto de reflexión", en palabras de Ramón Nicolás)
Crónica Córnica de Francisco Coimbra ( “Falarmos é condición sine qua non para sermos” a partir desta premisa técese unha orixinal narración a favor dos dereitos lingüísticos identitarios dos pobos)
Hoxe no cine Salesianos de Vigo asistimos á representación de "La discreta enamorada" de Lope.
Se queres repasar a lectura da obra, despois de vela representada, preme aquí
La discreta enamorada de Lope de Vega from Factoría Teatro on Vimeo.
Podedes participar dun xeito activo na exposición que exhibimos no Salón de Actos guiándovos e cumprimentando este cuestionario. Moitas grazas pola vosa atención.
A arte no Amor
Escribe un texto que dea resposta a algunha destas preguntas aténdote as seguintes bases:
1. PARTICIPANTES: O concurso está aberto a todos os alumnos e alumnas do centro, de forma individual.
2. Os/As participantes deberán presentar os seus traballos (narracións, poemas, teatro, cartas...) escritos a ordenador ou con letra lexible, en calquera das linguas estudadas no centro.
3. Modelo e tamaño de letra: Arial ou similar, 12. Espazamento: 1,5
4. Os traballos presentaranse baixo pseudónimo. Nun sobre adxunto pechado, co propio pseudónimo no exterior, incluiranse os datos do participante: apelidos, nome, curso e grupo.
5. A súa extensión non poderá exceder cinco DIN A4 (folios) polas dúas caras.
6. PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN: do martes, 14 de febreiro ao martes 2 de maio de 2017, ámbolos dous inclusive. Os traballos presentaranse na Biblioteca do IES durante os recreos dentro do prazo citado e serán recollidos polo profesorado de garda na Biblioteca.
7. XURADO: O xurado cualificador estará integrado por membros representantes do equipo directivo, dos Departamentos de Linguas e do equipo de Biblioteca.
8. PREMIOS: haberá suculentos premios para os mellores traballos.
9. Os traballos premiados quedarán depositados no Instituto e publicaranse en formato impreso e dixital.
10. A participación no Concurso supón a aceptación das presentes bases.
Anímate e participa!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer