A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ NO 1º RECREO DO VENRES 4 NA BILBIOTECA.
Noviembre Federico García Lorca in Libro de poemas (1921)
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
Lembrando aos mortos coa arte:
Volveremos a vernos
Luis Alberto de Cuenca in El hacha y la rosa (1993) |
|
![]() |
![]() |
Contos nerviosos de Fran Alonso |
Cando suceden cousas moi inesperadas os propios contos póñense nerviosos. Os contos nerviosos son contos moi divertidos, pero tamén moi buligantes porque lles tremen as palabras. Amelio, un neno que comeza padecendo misofonía e remata sufrindo sedatefobia; Raíña do Ceo, unha nena antolladiza e cabreada na festa do seu aniversario; outra nena anónima amiga dunha Xirafa e que recibe mensaxes misteriosas e un neno que descobre que os videoxogos poden converterse en realidade son os protagonistas deste cuarteto de historias. Unha linguaxe transparente e unha trama en cada historia que nos leva cara a un final sorprendente fan desta unha lectura moi acaída para este mes do medo. |
![]() |
(...) En canto pecharon a porta, deixándoo alí encerrado, comezaron os ruídos. Eran intensos.![]() Nese momento, Amelio xa estaba totalmente transformado: doíanlle moitísimo os oídos, doíalle a cabeza, incháronlle as orellas, puxéronselle os ollos morados, parecía que tiña formigas nas plantas dos pés, puxéronselle os pelos de punta coma se estivese a piques de ser abducido por un ovni, púxoselle un brazo verde e outro amarelo, as mans enchéronselles de pelo, e doíalle moitísimpo o estómago. E, de súpeto, pasoulle o que nunca lle pasara: comezou a medrarlle o nariz. E logo as cellas. E despois o pelo. A toda velocidade. Parecía un monstro. Había unhas voces, de persoas invisibles, que se escoitaban a través da megafonía e que intentaban tranquilizalo. E canto máis intentaban tranquilizalo, máis nervioso se poñía. Por iso cando lle anunciaron que, a continuación, escoitaría o ruído dun volcán en erupción, e que ese era un dos ruídos máis fortes do mundo, pero que non tivese medo, o seu corpo entoleceu e comezou a facer cousa estrañas. Aquel estrondo incrible do volcán en erupción parecía que ía conseguir que o seu corazón se escachizase en anacos. De feito, as súas pernas convertéronse en balóns, as súas mans en tenaces, os seus beizos en lume, o seu pelo en neve. Os oídos estoupáronlle coma unha bomba e, de dentro deles, comezaron a saír foguetes de cor vermella. Era arrepiante. E, do que sucedeu despois,... |
Se queres coñecer a biografía de Fran Alonso preme aquí |
Así fala o autor dos seus Contos Nerviosos: |
EXPOSICIÓN DE CABAZAS:
O alumnado que participe na exposición deberá deixar na conserxaría a súa cabaza cun cartel co nome e curso.
CASTAÑAS:
Haberá unha caixa no recibidor para deixar as castañas (xa picadas) que traia o alumnado.
DISFRACES:
O alumnado que queira disfrazarse poderá facelo no 2º recreo. Non está permitido ningún complemento de disfraz que poida resultar perigoso. Sentidiño!
Na explanada traseira do antigo instituto, un lutuoso fulgor de metralletas alumeou o outonizo abrente do trinta de outubro de 1936 para acabar coa vida dos cidadáns Alejo, Manuel, Julio, Darío, Serafín e José. Executábase así unha máis de tantas inmerecidas sentenzas que naqueles tempos ditaban tribunais inicuos.
Lendo lembremos ás vítimas desta e de tantas negras horas de tódolos tempos e lugares.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer