Mulleres de Liberia pola Paz

 WOMEN OF  LIBERIA  MASS ACTION FOR  PEACE

 leymah Leymah Gbowee nace na zona central de Liberia. Aos 17 anos mudouse a Monrovia, cando estalou a primeira guerra civil do país. Adestrada para axudar ás persoas a superar o trauma que supón unha guerra, traballou durante a guerra civil cos nenos soldado do exército de Charles Taylor (presidente de Liberia)
    
  En 2002, Leymah Gbowee organizou a Acción Masiva pola Paz das Mulleres de Liberia  (Women of Liberia Mass Action for Peace). Organizou ás mulleres cristiás e musulmás de Monrovia para levar a cabo protestas pacíficas pola non violencia. As integrantes do grupo empezaron a reunirse en lugares públicos (no mercado de peixe) e, sen distinción de etnia nin relixión, vestidas de branco, rezaban conxuntamente en favor da paz.


  A organización dirixe unha declaración de intencións ao Presidente Taylor (quenelle posteriormente será xulgado e condenado por crimes contra a humanidade): "No pasado nós eramos silenciosas, pero despois de ser asasinadas, violadas, deshumanizadas, e infectadas por enfermidades, e vendo aos nosos nenos e as nosas familias destruídas, a guerra ensinounos que o futuro xace en dicir NON á violencia e SI á paz! Non pararemos ata que a paz prevaleza."


   Vestidas con camisetas brancas para simbolizar a paz, e contadas por miles, as mulleres convertéronse nunha forza política contra a violencia e o goberno e lideraron con éxito a petición de paz noutros estados africanos.


    A participación das mulleres no proceso de paz en Liberia é un exemplo de como as mulleres poden contribuír de maneira significativa durante os procesos de paz e na construción das sociedades post-conflito.

    tawO pobo de Liberia ten moito que agradecer ás súas mulleres. Foi a través do movemento feminino pola paz, Women of Liberia Mass Action for Peace, como se puxo fin a unha guerra civil que se saldou con máis de 200.000 vidas e que desprazou a dous terzos da poboación. Miles de mulleres, cristiás e musulmás, manifestáronse unha e outra vez ata que os homes as tiveron en conta.


    En 2011, Leymah Gbowee (traballadora social), Ellen Johnson Sirleaf (presidenta de Liberia) "pola súa batalla non violenta a favor da seguridade das mulleres e do seu pleno dereito na plena participación da obra de construción da paz" xunto a Tawakkul Karman xornalista, política e activista iemení, figura relevante na primavera árabe, gañan o Premio Nobel da Paz

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer