Skip to Content

A Revolución Amarela

A REVOLUCIÓN EDSA

A Revolución EDSA é coñecida con varios nomes diferentes: Revolución do Poder do Pobo, Revolución Filipina de 1986, eEDSA Revolución Amarela.

Foron unha serie de protestas e marchas populares en Filipinas que comezaron en 1983 e finalizaron en 1986. Os métodos utilizados foron os propios dunha campaña de resistencia civil contra a violencia do réxime dictatorial do presidente Ferdinand Marcos e a fraude electoral acontecida nas eleccións presidenciais de 1986.

O asasinato do senador Benigno Aquino á súa chegada ao aeroporto de Manila o 21 de agosto de 1983, foi o detonante do alzamento popular de carácter pacífico, e que conduciu á subida ao poder de Corazón Aquino, esposa de Aquino e nai do actual presidente de Filipinas, Benigno Aquino III.

Esta revolución non-violenta conduciu a que o presidente Ferdinand Marcos deixase o goberno e se restaurase a democracia no país. Foi amplamente considerada unha vitoria do pobo contra os vinte anos do réxime autoritario e represivo, do entón presidente Ferdinand Marcos, e os xornais referíronse a ela como "a revolución que sorprendeu ao mundo".

A maioría das protestas realizáronse nun longo tramo da Avenida Epifanio dos Santos, situada na zona metropolitana de Manila, dita avenida é coñecida popularmente polo acrónimo de EDSA, de ahí o nome máis empregado para ésta revolución. Denomínase tamén Revolución Amarela por mor da presenza de cintas amarelas durante as manifestacións, logo do asasinato de Benigno Aquino.

A principal actividade aconteceu en tan só tres días, dende o 22 ao 25 de febreiro de 1986, e nas mesmas participaron máis de dous millóns de civís filipinos e varios grupos políticos, militares e relixiosos liderados polo cardeal Jaime Sen, arcebispo de Manila.

As protestas, alimentaron a resistencia e a oposición fronte a anos do goberno corrupto de Marcos, culminando coa partida do ditador do Palacio de Malacañán cara a Hawaii. Corazon Aquino foi proclamada como o lexítima presidente de Filipinas logo da revolución.



page | by Dr. Radut