Biblosanpaio

co P de Parra (Nicanor) e Paz

CHISTES PARrA DESORIENTAR A LA POLICÍA
portada

Creo en un + allá caricatura
donde se cumplen todos los ideales
Amistad
Igualdad
Fraternidad
excepción hecha de la Libertad
ésa no se consigue en ninguna parte
somos esclavos x naturaleza
(…)


No matarás:
serás asesinado ...
-Hijo mío 
............ respóndeme esta pregunta
para que algunos pocos coman bien
es menester que muchos coman mal?
                            de Poesía política  (1983)

Universitari@s alemáns contra o nazismo

A ROSA BRANCA: UNIVERSITARIOS ALEMÁNS CONTRA O NAZISMO

monumentoMentres o nazismo estendía as súas gadoupas por Europa, os movementos de oposición ao mesmo dentro de Alemaña que se dedicaron á resistencia e á sabotaxe pasaron moi desapercibidos. Se a historia dalgún deles resulta  especialmente conmovedora polo seu compromiso moral, o seu idealismo, a súa inxenuidade e, como consecuencia , o seu tráxico fin, ese  foi o xurdido nos anos 1942 e 1943 na Universidade de Munich e que se coñece co nome de A Rosa Branca
Willi Graf, Jurgen Wittgenstein Hans Scholl, Alexander Schmorell e Sophie Scholl  eran estudantes na universidade de Munich. Cando comezou a deportación masiva de xudeus consideraron chegada a hora de denunciar as políticas de exterminio mediante a súa principal arma: a palabra;  así  principian a publicación de panfletos:
nada é tan indigno dunha nación como o permitir que sexa gobernada sen oposición por unha caste que cedeu aos baixos instintos… A civilización occidental debe defenderse contra o fascismo e ofrecer unha resistencia pasiva antes de que o último mozo da nación derrame o seu sangue nalgún campo de batalla (primeiro panfleto)
Miles foron os panfletos que fixeron circular para concienciar aos seus concidadáns:rosa branca
Desde a conquista de Polonia 300.000 xudeus foron asasinados, un crime contra a dignidade humana… Os alemáns alentan aos criminais fascistas cando carecen dun sentimento que clame á vista de semellantes accións. É preferible o fin do terror antes que un terror sen fin (segundo panfleto)
O grupo inicial ampliouse a outras cidades (Hamburgo, Freiburg, Berlín ou Viena) e para deter a guerra, avogaron pola sabotaxe á industria bélica:
Sabotaxe nas fábricas de armamento, xornais, cerimonias públicas e do Partido Nacional Socialista… Convencer ás clases máis baixas do insensato que é continuar a guerra (terceiro panfleto)
A  estes mozos uniuse o catedrático de filosofía Kurt Huber.
Os panfletos que publicaban eran cada vez máis críticos con Hitler e a pasividade do pobo alemán. A temible Gestapo buscaba aos responsábeis daqueles escritos; moitos sospeitosos foron arrestados pero vai ser un bedel da universidade de Munich membro do partido nazi, Jakob Schmidt, o delator dos primeiros membros de A Rosa Branca  que remataron executados.
Unha das condenadas, Sophie, dixo antes de morrer:
Como podemos esperar que prevaleza a xustiza cando case non hai xente que se brinde individualmente en pos dunha causa xusta. Un día tan lindo, tan solleiro, e debo irme, pero, que importa a miña morte, se grazas a nós miles de persoas espertan e comezan a actuar?
sophieE deste movemento dixo Clara Zimmerman:
A Rosa Branca é unha páxina radiante nos anais do Século Vinte. A coraxe de nadar contra a corrente da opinión pública, aínda cando o facelo era equivalente a un acto de alta traizón, e o convencemento de que a morte non era un prezo demasiado alto a pagar por seguir os ditados da conciencia...
Estes universitarios abandeiraron unha loita silenciosa contra a cruel megalomanía de Hitler e convertéronse en símbolo da liberdade e da dignidade humana. O  crime de todos eles foi defender uns ideais incompatíbeis co momento histórico polo que atravesaba o seu pais e gran parte de Europa. Dúas películas recollen a historia deste movemento: A Rosa Branca de Michael Verhoeven (1982) e  Sophie Scholl, os últimos días (2005), dirixida por Marc Rothemund.

FONTES:
http://elkronoscopio.blogspot.com.es/2016/02/la-rosa-blanca.html
https://curiosidadesdelahistoriablog.com/2014/03/07/la-rosa-blanca-resistencia-universitaria-en-alemania-contra-el-nazismo/
http://www.new-books-in-german.com/es/la-rosa-blanca-o-como-alemanes-normales-y-corrientes-combatieron-en-la-resistencia
http://www.elsiglodeuropa.es/siglo/historico/2006/687/687pens.html
http://www.lasegundaguerra.com/viewtopic.php?t=9190

Malala ou a loita pacífica a prol do dereito á educación

MALALA OU A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN

 malalaMalala Yousafzai, nada o 12 de xullo de 1997 en Paquistán, é unha activista a prol da educación feminina e os dereitos das mulleres no seu país e a persoa máis nova en recibir un Premio Nobel en calquera categoría.
Filla dun poeta dono dunha rede de escolas na súa rexión, ao noroeste de Paquistán, Malala foi educada polo seu pai desde pequena, nun país no que a influencia dos talibáns medrou ao mesmo tempo que ela.
Cando contaba once anos de idade, a vida de Malala, a súa familia e os seus veciños transcorría baixo a prohibición talibán da televisión ou da música. As mulleres e nenas dificilmente podían saír soas da casa, ir ao médico e moito menos ir á escola. Malala decide contar todo isto nun blogue da BBC, a televisión pública do Reino Unido.
O verán seguinte, o New York Times fai unha reportaxe sobre a súa vida, mostrando como o exército paquistaní intervén na rexión. Malala cada vez é máis coñecida e recoñecida, dando entrevistas nos xornais e na televisión, e nomeada para o Premio da Paz Internacional da Infancia polo activista surafricano Desmond Tutu.lapis
Na tarde do 9 de outubro de 2012, Malala subiu ao bus escolar. Pouco despois faino un home armado que chama por ela e dispáralle tres veces, dándolle no lado esquerdo da malala2fronte e atravesándolle a cara. Logo de estar durante días en estado crítico, a súa saúde mellora o suficiente como para poder ser trasladada a un hospital do Reino Unido, onde logra recuperarse tras unha rehabilitación intensiva.
En 2014, Malala é galardoada co Premio “Nenos do Mundo”, premio que agora leva o seu nome, e ese mesmo ano gañou o Premio Nobel da Paz, compartido con Kailash Satyarthi, pola súa loita contra a supresión dos dereitos de todos os nenos e xoves á educación.
Hoxe en día, o réxime talibán reiterou a súa intención de acabar coa vida de Malala e do seu pai, Ziauddin Yousafzai.

O Dalai Lama: a resistencia tibetana contra a invasión chinesa

CRONOLOXÍA DO DALAI LAMA

dalai lama1935 Proclamación de Tenzin Gyatso como Dalai Lama con 5 anos

1950 Invasión do territorio do Tíbet por China

1954 Conversacións de Paz con Mao Zedong

1959 Fuxida a India do Dalai Lama a pé cruzando o Himalaya.
Fixou en Dharamsala (Norte da India) o Goberno no exilio.
Mensaxe da seu pensamento: a non violencia e a reconciliación.
Obxectivos: Acadar unha “autonomía real” con liberdade relixiosa e cultural.

1963 Proclamou a Constitución Tibetana baseada na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

1989 Premio Nobel da Paz que recoñece a resistencia tibetana como símbolo da resistencia pacífica.

2011 Renuncia do Dalai a calquera cargo do Goberno Tibetano no exilio para seguir unicamente coma líder espiritual e relixioso.
mapa

FONTES:
http://www.elmundo.es/elmundo/2010/07/06/internacional/1278402536.html
https://www.muyhistoria.es/contemporanea/articulo/la-resistencia-del-dalai-lama-461507117930
tibet libre

A caída do comunismo en Polonia

SOLIDARIEDADE: A CAÍDA DO COMUNISMO EN POLONIA

SECUENCIA

XORNAL1980: Creación do sindicato Solidarnosc nos estaleiros de Gdańsk, converténdose no primeiro sindicato independente do partido nun país de influencia soviética.

1980: Convocan folgas ante as subas nos prezos dos alimentos anunciadas polo goberno.

1981 (13 de decembro): Encarceramento dos dirixentes do Sindicato.

1982 (8 de outubro): Prohibición do Sindicato.
Clandestinidade do Sindicato.

1983: Premio Nobel da Paz para Lech Wałęsa.WALESA

1988: Folgas que obrigan ao goberno a negociar con Solidaridad. Preséntase xa como un
partido.

1990: Ganan as eleccións e Lech Wałęsa convértese no Presidente do Goberno durante un
mandato.
Caída do Comunismo.

Hoxe: aínda existe este sindicato con 1,5 millóns de afiliados.

PLACAFONTE:
https://es.wikipedia.org/wiki/Solidaridad_(Polonia)

"A cama da paz"

A ENCAMADA POLA PAZ DE JOHN LENON E YOKO ONO

(os medios da época traduciron "A cama da paz")

lenonTrátase dun acontecemento ocorrido durante a guerra de Vietnam, en 1969. John Lennon e  Yoko Ono levaron a cabo dúas encamadas de dúas semanas de duración en prol da paz, en Ámsterdam e en Montreal, que foron a súa forma non violenta de protestar contra as guerras e promover a paz. Este acontecemento levou á filmación do documental Bed Peace, filmado por Nic Knowland e producido por Bag Productions.

 

Encamada en Ámsterdam

Sabendo que o seu casamento o 20 de marzo de 1969 sería un gran acontecemento, John e Yoko decidiron usar a publicidade para promover a paz mundial. Pasaron a súa lúa de mel na suite presidencial no Hotel Hilton de Amsterdam durante unha semana entre marzo 25 e 31, convidando á prensa mundial na súa habitación do hotel. Despois dos seus escándalos xuntos como a cuberta espida do álbum Two Virgins, a prensa esperaba que eles terían relacións sexuais enfronte das cámaras, pero a parella estaba sentada na cama todo o tempo. Despois de sete días, viaxaron a Viena, Austria, onde se celebrou unha conferencia de prensa.

 

Encamada en Montreallenon ono

Gravando " Give Peace a Chance" en Montreal. A segunda encamada foi planeada para ter lugar en Nova York, pero John tiña prohibido entrar ao país por mor do seu consumo de cannabis en 1968. No seu lugar, realizou o evento nas Bahamas no Hotel Sheraton Oceanus, pero despois de pasar unha noite moi calorosa, decidiron mudarse a Montreal. Voaron a Montreal o 26 de maio onde se aloxaron nas habitacións 1738, 1740, 1742 e 1744 no Hotel Queen Elizabeth. Durante a súa estancia de sete días, convidaron a Timothy Leary, Tommy Smothers, Dick Gregory, Murray  e outros. Todos eles  cantaron o himno de paz “Give Peace a Chance”, gravado por Perry André no Hotel Salga o 1 de xuño.

En decembro de 1969 John e Yoko difundiron as súas mensaxes de paz con carteis que dicían WAR IS OVER! If You Want It - Happy Christmas From John and Yoko. (A GUERRA TERMINOU! Se ti queres - Bo nadal deséxanlles John e Yoko).

 

A Revolución Amarela

A REVOLUCIÓN EDSA

A Revolución EDSA é coñecida con varios nomes diferentes: Revolución do Poder do Pobo, Revolución Filipina de 1986, eEDSA Revolución Amarela.

Foron unha serie de protestas e marchas populares en Filipinas que comezaron en 1983 e finalizaron en 1986. Os métodos utilizados foron os propios dunha campaña de resistencia civil contra a violencia do réxime dictatorial do presidente Ferdinand Marcos e a fraude electoral acontecida nas eleccións presidenciais de 1986.

O asasinato do senador Benigno Aquino á súa chegada ao aeroporto de Manila o 21 de agosto de 1983, foi o detonante do alzamento popular de carácter pacífico, e que conduciu á subida ao poder de Corazón Aquino, esposa de Aquino e nai do actual presidente de Filipinas, Benigno Aquino III.

Esta revolución non-violenta conduciu a que o presidente Ferdinand Marcos deixase o goberno e se restaurase a democracia no país. Foi amplamente considerada unha vitoria do pobo contra os vinte anos do réxime autoritario e represivo, do entón presidente Ferdinand Marcos, e os xornais referíronse a ela como "a revolución que sorprendeu ao mundo".

A maioría das protestas realizáronse nun longo tramo da Avenida Epifanio dos Santos, situada na zona metropolitana de Manila, dita avenida é coñecida popularmente polo acrónimo de EDSA, de ahí o nome máis empregado para ésta revolución. Denomínase tamén Revolución Amarela por mor da presenza de cintas amarelas durante as manifestacións, logo do asasinato de Benigno Aquino.

A principal actividade aconteceu en tan só tres días, dende o 22 ao 25 de febreiro de 1986, e nas mesmas participaron máis de dous millóns de civís filipinos e varios grupos políticos, militares e relixiosos liderados polo cardeal Jaime Sen, arcebispo de Manila.

As protestas, alimentaron a resistencia e a oposición fronte a anos do goberno corrupto de Marcos, culminando coa partida do ditador do Palacio de Malacañán cara a Hawaii. Corazon Aquino foi proclamada como o lexítima presidente de Filipinas logo da revolución.

A revolución dos caraveis

 25 de abril: A REVOLUCIÓN DOS CARAVEISGRÁNDOLA

A Revolución dos Caraveis (en portugués: Revoluçao dos Cravos ou O 25 de Abril) é o nome dado o levantamento militar do 25 de abril de 1974 que provocou a caída do réxime ditatorial coñecido como Estado Novo, fundado en 1932 por  António de Oliveira Salazar.

O xeneral António de Spínola converteuse en presidente dunha Xunta de Salvación Nacional encargada de levar a democracia ao país. Unha consecuencia do final da ditadura sería a independencia das últimas colonias portuguesas en África.  En 1975 convocáronse eleccións constituíntes e outorgouse a independencia ás colonias de Angola, Mozambique, Guinea- Bissau, Cabo Verde e San Tomé e Príncipe.

25 a

Ás doce e media da madrugada do 25 de abril de 1974 emitíase por Radio Renascença a canción Grandola, Vila Morena; era o sinal elixido polos capitáns do Movemento das Forzas Armadas ( MFA) para poñer en marcha o golpe militar que poñería fin á ditadura máis vella de Europa. A ningún dos mozos militares que emprenderon aquela acción pasoulles pola cabeza que ían protagonizar o pistoletazo de saída dun dos procesos revolucionarios máis profundos de toda a historia do movemento obreiro.

A canción " Grandola Vila Morena" foi un dos símbolos da revolución portuguesa de 1974; do mesmo xeito que os caraveis vermellos con que a poboación de Lisboa obsequiou aos militares saídos ás rúas.

Esa primavera, todos os focos do mundo apuntaron á experiencia lusa, que se rodeou dun halo romántico que aínda hoxe segue conservando.

 

Loitando contra a segregación racial

 

parksROSA PARKS, LUTHER KING

 

E O BOICOT DOS AUTOBUSES

 

MONTGOMERY

 

Todo comezou en 1955, cando unha costureira afroamericana chamada Rosa Parks, que ía sentada tranquilamente nun autobús da compañía Montgomery, negouse a ceder o seu asento a un señor branco... Por entón, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos sentaban diante e os negros detrás, ao fondo. O condutor do autobús ordenou a Rosa que deixase o seu lugar a un branco que acaba de subir. Ela negouse a abandonar o seu sitio. O condutor chamou á policía, que acabou detendo a Rosa.


Tras esta inxustiza iniciouse unha campaña de boicot contra a empresa de autobuses secundada pola comunidade negra. Organizáronsautobúse dunha forma marabillosa: a maior parte desprazáronse andando, en bicicletas,  tamén usaron un sistema de coches compartidos ou mesmo montaron mulas... calquera cousa con tal de non tomar os autobuses. 


kingPois ben, aquí entrou en acción un señor que terá unha enorme importancia na loita contra o racismo: Martin Luther King, que  chegou a ser detido, xunto a outros 156 manifestantes, por "obstaculizar" un autobús. King comentou sobre o arresto ao dicir: "Eu estaba orgulloso do meu crime, foi o crime de experimentar coa miña xente unha protesta non violenta contra a inxustiza".


O movemento, que durou 382 días terminou grazas a unha decisión da Corte Suprema dos Estados Unidos do 13 de novembro de 1956 que declarou ilegal a segregación nos autobuses, restaurantes, escolas e outros lugares públicos.

A loita agrarista contra os foros

Con esta iniciamos unha serie de entradas sobre movementos que contribuiron ao avance e mellora da humanidade, movementos non violentos que, ás veces, foron represaliados con violencia e morte.

Mártires de Sobredo (artigo de Manuel Bragado)

Cumpríronse noventa anos dos acontecementos de Sobredo, na parroquia de Guillarei, cando tres persoas foron asasinadas o 28 de novembro de 1922 pola Garda Civil cando defendían a dignidade dos labradores aos que se lles esixía un lucro da terra que eles traballaban. Cándida Rodríguez, veciña da parroquia de Pazos de Reis, Joaquín Estévez Besada, veciño de Soutelo do concello de Salceda de Caselas e Venancio González Romero, dirixente agrario de San Esteban de Budiño foron as tres persoas falecidas, xunto a outras sete que resultaron feridas de bala, cando a Garda Civil disolveu a balazos unha concentración de máis de dúas mil persoas que acudiran, convocadas a golpe de badaladas e de foguetes, dende diversas parroquias de toda a bisbarra, dende o Baixo Miño, a Louriña até o Paradanta en solidariedade cun veciño de Sobredo, a quen coa presenza do xuíz e a Garda Civil lle pretendían embargar os bens por negarse a pagar o foro ao rendista tudense José Sarmiento.

Unha negativa a pagar acordada no Congreso Rexional Agrario de Tui, celebrado do 28 ao 30 de xuño do mesmo ano, no que se acordou tamén fundar a Confederación Rexional de Agricultores Galegos baixo a presidencia de Basilio Álvarez. Un boicot, asumido por 133 sociedades agrarias parroquiais, co que se pretendía rematar cuns contratos forais, propios dun réxime escravista medieval, que obrigaban aos labregos a pagar unha renda anual, case sempre á altura do san Martiño, ben en especie (millo, viño ou animais) ou en cartos, aos donos da terra que traballaban. Unha reivindicación que provocaría o 6 de novembro a detención dos membros da directiva da Sociedade Agraria de Ribadelouro, o comezo dunha posterior folga na bisbarra e a clausura de locais das sociedades.

monumentoDende entón, os acontecementos de Sobredo de 1922 quedaron fixados como símbolo da sociedade labrega martirizada, uníndose a xeira oprobiosa doutros semellantes que se produciron nesta loita agrarista noutras localidades do país, como Oseira (1909), Nebra (1916) e Sofán (1919).

A actitude rebelde, a solidariedade, a fraternidade, o esforzo colectivo amosado na longa loita antiforal ao longo de máis de dúas décadas conseguiron abrir unha saída política para o conflito que chegaría no mes de xuño de 1926 co decreto de redención foral do goberno de Primo de Rivera, que permitía cos labregos fosen donos das súas terras, mediante o pagamento dunha indemnización. Un sistema que custou ferro e fariña pagar a tantos dos nosos campesiños, que procuraron nos vieiros da emigración americana os cartiños para redimir os foros das terras de seu.

bretemas@gmail.com

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer