O 30 de outubro festexamos o Samaín no noso centro.
Como xa ven sendo habitual, tivemos unha xincana para o alumnado da ESO e de Bacharelato.
O esforzo de todos os participantes causou que os gañadores non fosen claros ata o último minuto.
Nesta ocasión, o alumnado de 1ºBACB conseguíu o primeiro posto, seguido de 1ºBACA e 2ºBAC.
Este alumnado gozou do premio polo seu esforzo, unha cea e unha noite terrorífica no instituto. Noraboa rapaces!
Ademáis, nesta convocatoria, o alumnado de 4ºESO fíxose co primeiro posto na proba dos disfraces, "Monster High" foi escenificada con moito detalle. Noraboa a vós tamén, gran traballo!
E, mención especial merece Ricardo, creador da decoración de portas máis terrorífica que se lembra neste instituto.
Nos seguintes enlaces temos as imaxes da xornada e da noite terrorífica.
Ademáis destas actividades, o alumnado de ciclos tamén festexou o Samaín con obradoiros de maquillaxe terrorífico. O resultado destes maquillaxes foi tan realista que non podemos publicar as imaxes por non ser aptas para o público infantil. Un traballo de profesionais, noraboa!
O pasado 26 de outubro o grupo de teatro Tixuca realizou un recitado organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística no centro cultural Carvalho Calero.
E como xa é habitual, conquistaron ao público coa súa arte. Gran traballo rapaces!
O pasado 27 de setembro o alumnado de 2°CSE, 2°CME e 2°CMP, asistiu a un Obradoiro de Economía Social para F.P. onde lles falaron sobre formas xurídicas, características, vantaxes fiscais, subvencións, busca de financiamento, e diferentes alternativas para emprendedores.
O obxectivo era dar a coñecer a Economía Social en xeral, e as Sociedades Cooperativas e Sociedades Laborais en particular, como ferramentas para un emprego de calidade.
A finais de setembro unha parte do alumnado de bacharelato participou na realización dun mural en colaboración co alumnado dos IES Concepción Arenal e Sofía Casanova.
Este traballo é unha continuación do proxecto do curso anterior do equipo de Normalización Lingüística.
Aquí podedes ver mais imaxes do traballo que este grupo de alumnos realizou durante a mañá.
O alumnado de micropigmentación realizou uns fantásticos bocetos de areolas para poder formar este gran lazo no mural exposto na entrada do noso centro. Conmemoramos así o día contra o cancro de mama.